lunes, 31 de mayo de 2010

VISITA PTR ZARAGOZA (2)

De paso vimos tamén a Planta de Férricos.
Os restos dos coches chegan perfectamente descontaminados (sen aceites nin líquido algún, sen rodas, etc). Pasan por unha planta encapsulada que evita ruídos. Saen plásticos triturados para utilizar noutro lugar. Sae o ferro triturado que irá a planta de ACELOR que está ó lado e tamén poidemos ver.
Vimos unha trituradora de metales. Capaz de cortar varias vías de ferrocarril.
Bueno. A seguinte planta que visitamos foi a de Motores de Coche que acaba triturando e pasando logo o proceso de separación a través de auga cun producto que permite que flote o ALUMINIO que é o que interesa, e o Ferro que se funde e utilizase tamén. Esta planta tén un premio europeo Life.
Chama a atención que a auga reutilízase de novo, sae limpa do proceso. Hai verquido 0. O aluminio de gran calidade vai a planta de Fagor. De novo volven a facerse novos motores que entrarán no proceso productivo.
Coma na anterior traballase en varios turnos. Un turno tamén se dedica a Mantemento. A tecnoloxía tan boa esixe equipos de mantemento que o fan tódolos días.

NO PARQUE INDUSTRIAL DA RECICLAXE (1)

Por fin o Grupo de veciños do Ribeiro puidemos realizar a visita.
O trato da empresa promotora (D.María e D.Xosé Manuel) foi espectacular. Agradecementos eternos pola súa entrega, esforzo e corazón por explicar absolutamente todo, responder calquer dúbida. E aínda encima obsequiarnos do xeito que o fixeron. Chapeau.
A visita empezámola cun percorrido xeral polo Polígono.
Fomos ver a Nave adicada á reciclaxe dos Frigoríficos.Vimos o proceso dende que chegan, se separa o gas do aceite, se separan os motores, os poliuretanos. Se moe o resto e se separa continuamente ata obter productos puros: ferro, aluminio, plástico, poliuretano. Para entrar de novo noutras industrias onde se farán novos productos. Esta é a filosofía de todo reciclaxe. Separar ata obter productos puros que servirán para elaborar novos productos que volverán ó usuario. No medio queda traballo, riqueza, desarrollo e reutilización de productos que doutro xeito estarían tirados polos montes.

domingo, 30 de mayo de 2010

DOMINGO EN ZARAGOZA

Os veciños do Ribeiro,  dos diferentes concellos da comarca (Leiro,Castrelo,Beade,Cenlle,Arnoia,Melón,Ribadavia,Carballeda..) pasamos o domingo en Zaragoza. Aproveitamos para coñecer a cidade coas visitas obrigadas ó Pilar e as ribeiras do Ebro.Algúns fartaronse de camiñar.Outros optaron polo bus.Todos descansamos da longa viaxe.Agardando que chegue o día de coñecer o obxeto da viaxe.O luns saimos cediño do hotel para ir aló.

VIAXE Ó PARQUE DA RECICLAXE DE ZARAGOZA

Por fin a noite do sábado saímos de Ribadavia para coñecer o Parque de Reciclaxe López Soriano na cidade de Zaragoza.
Viaxamos toda a noite. Cruzamos España para saber cómo é ese Poligono Industrial especializado en industria de reciclaxe.
Antes convidamos as Asociacións e Colectivos da Comarca do Ribeiro. Fixémoslle chegar unha invitación formal por carta. Incluso visitamos a moitas delas persoalmente.
Os que quixeron vir están no autobús. Ninguén pode decir que non se lle deixara vir a coñecer o que hai aquí.
Seguiremos informando.

lunes, 10 de mayo de 2010

IMPORTANTE: CAMBIO DE DATA VISITA ZARAGOZA para día 30 e 31

Por distintas razóns organizativas, a data da VISITA ó Parque da Reciclaxe de ZARAGOZA cambia de data.
Será os días 30 e 31 deste mes de Maio.
O resto das condicións son as mesmas.
Viaxamos o Sábado pola noite para chegar na mañán do Domingo.Día libre.Noite no hotel. Luns cedo visita ó Parque para unha vez rematada regresar pensando en chegar a noitiña á casa.
Os horarios confirmaranse a cada participante.
Os colectivos interesados deben comunicarllo a calquer membro da Directiva.
Mail: siparqueambiental@yahoo.es

martes, 27 de abril de 2010

VISITA PARQUE RECICLAXE DE ARAGÓN EN MAIO

Estamos organizando ,para os próximos días 16 e 17 de Maio , unha Visita ó Parque Tecnolóxico da Reciclaxe en Zaragoza.
A Plataforma Sí Parque Ambiental CONVIDA á tódalas Asociacións da Comarca do Ribeiro a que envíen un representante do colectivo.
Por razóns operativas temos un límite de plazas.
As solicitudes deben comunicarse a calquer membro da Directiva ata o 5 de Maio.

martes, 20 de abril de 2010

13 MESES AGARDANDO QUE O PRESIDENTE NOS RECIBA

CUMPLENSE 13 MESES DA SOLICITUDE Ó SR.FEIJÓO DUNHA REUNIÓN.
...........................................................
SEN COMENTARIOS.
A ACTITUDE DO SR.NUÑEZ FEIJOO FALA POR SI SOA.
NIN COMO PRESIDENTE DO PARTIDO POPULAR.
NIN COMO PRESIDENTE DA XUNTA.
NA CONDICIÓN DE MEMBRO DO P.P. É POUCO INTELIXENTE. 
NA CONDICIÓN DE PRESIDENTE É SIMPLEMENTE INTOLERABLE.
O CARGO DE PRESIDENTE TRAI CON ÉL COS CIDADÁNS.

miércoles, 24 de marzo de 2010

VISITA PARQUE RECICLAJE ZARAGOZA -5

Tamén visitamos a industrias de Reciclado de Televisores, ordenadores, impresoras e fotocopiadoras, pequenos aparatos... (liña marrón)
Previamente descontaminanse .Sepáranse os diferentes compoñentes. Cada producto clasíficase.
Un proceso mecanizado primeiro moe os productos que xa non se poden separar máis. E logo un proceso que separa as diferentes compoñentes, primeiro por aire, logo por auga. (por certo a auga da parte final volvese a depurar e reutilizar). Non hai vertido algún.
O final saen diferentes productos puros. Aluminio. Ferro. Cobre máis puro que o de calquer Mina. Para pensar que é máis interesante extraer o cobre dos sobrantes do consumo para volver fabricar novos obxetos, que seguir extraendo da natureza este producto.
Todo se volve utilizar noutras factorías.
Con excepcions coma as tarxetas electrónicas das que, en procesos máis especializados, obteñen ouro e outros.
A conclusión de novo é que aquí se pode traballar de garabata. Estamos nunha nave limpa. Na que non hai ruídos excesivos. Non hai verquido algún. Non hai material sobrante porque todo se aproveita e a todo se lle quita cartos. Os procesos son simples. A tecnoloxía traballa para o medio ambiente.
Ninguén sensato que vexa estas instalacions pode observar ninguna actividade que cause dano.
Ogallá os demáis parques empresariais tiveran as condicions destas industrias do reciclaxe.

VISITA PARQUE RECICLAJE ZARAGOZA -4

Visita nave Reciclado de Frigoríficos (liña Blanca).
A nave tén un diseño propio,simple,con tecnoloxía alemana. Está pensada para ampliar ó triple da ocupación actual da nave.
Chama a atención o proceso de separación do Gas en diferentes fases.
Asimesmo separase o poliuretano que acaba nunha especie de fideos para novos usos.
O Gas queda pechado en bombonas de doble casco para viaxar ó extranxeiro ás plantas autorizadas (só hai en Francia e Alemaña),mentres non entra en vigor a prohibición acordada para anos próximos.
Cortanse os motores.
Un proceso de serpentins separa os diferentes metais.
En varias ocasions realizanse procesos por si acaso hai restos do gas.
A nave tén un aspecto absolutamente limpo.Os procesos teñen control informatizado.
O final obteñense productos absolutamente puros.

martes, 23 de marzo de 2010

VISITA PARQUE RECICLAJE ZARAGOZA -3

Outras instalacions que vimos foi o CAT que recicla coches fora de uso.
Primeiro descontamínanse. Logo pasan o proceso de fragmentación. Unha máquina encapsulada evita ruídos.
Finalmente acaban separados o ferro (que vai á planta de Arcelor situada tamén no Parque de Reciclaje), o cobre (que vai a outra industria),o Aluminio (que pasará a outra). A fracción lixeira (rechazos de plasticos de asentos,teitos..) tén tratamamento en industrias de fora.
Polo camiño vimos outras actividades de corte de ferro,incluída unha potente máquina capaz de cortar vaios raíles
Asocianse quén lle interesa o Ferro e quén quere o Aluminio dos Carter dos Motores.Finalmente utilízase todo.Por exemplo as baterías en convenio con Tudor sirve para facer novas baterías.

VISITA PARQUE RECICLAJE ZARAGOZA 2

A primeira empresa que visitamos foi a de Reciclado de Neumáticos.
Este é Servicio Público que o goberno autonómico sacou a concurso para xestionar.
Ocupa máis de 30.000 m2.Non acumula stocks. A planta ten un protocolo de actuación público situado á entrada.
O diseño da industria é propio do grupo,moi simple,cunha tecnoloxía que requeríu unha importante inversión.
Traballan en turnos as 24 horas.
As rodas pasan por sucesivos procesos de corte.Sucesivamente pasan por procesos de moído.Sepáranse os arames.ö final segundo o uso sae grano de 0,6 mm ou de 2 ou 3 mm.Finalmente empaquetase para comercialización.As instalacions chaman a atención pola limpeza e aspecto,así como condicions de traballo e manipulación.
Os productos destínanse básicamente para pavimentación de  estradas e  para usos de instalacions deportivas.Hai laboratorio e control de calidade.
Por certo,practicamente tódalas actividades de reciclado contan con instalacions suficientes para ir progresivamente crecendo.En algún caso ata triplicar a capacidade actual.

VISITA PARQUE RECICLAJE ZARAGOZA -introducción

O pasado luns fixemos un Informe á Directiva e representantes parroquiais da Visita a Zaragoza para ver o Parque Tecnóloxico da Reciclaxe.
A primeira observación é que hai que ver cada caso coas peculiaridades propias de cada un e cada territorio.
O PTR naceu pouco antes que o proxecto de Carballeda.En 2004 puxeron a primeira pedra,despois de varios anos de trámites.Conta cunha superficie de 835 ha (359 ha de superficie industrial), é decir 10 veces o noso tamaño. Nace como iniciativa dun grupo empresarial (Grupo López Soriano) inda que coa colaboración do concello e goberno autonómico.Neste momento cerca do 50% das parcelas están vendidas.Un 20% teñen nave industrial.
Está situado practicamente na cidade, a 6 km do centro,próximo a Autovía A 68,conta con tódolos servicios incluido gas e fibra óptica.
Nese parque admítese só actividades relacionada en todo ou parte coa reciclaxe.Os tratamentos son absolutamente limpios.Nas industrias visitadas a escasa auga consumida volvíase a reciclar e reutilizar.Tratanse os productos ata utilizar a última fracción ,utilizandose todo producto.
En Aragón a Incineración está prohibida por Lei.
Empresas potentes como Arcelor ou Fagor están presentes...
En próximos posts iremos relatando a visita a nave de Reciclado de Neumáticos,a de Frigoríficos(liña branca),a de Cars,a de Electrodomésticos liña marrón...

lunes, 15 de marzo de 2010

VISITA

Unha representación desta Asociación e do Concello de Carballeda realizarán unha visita ó Parque Tecnolóxico da Reciclaxe en Zaragoza.
Este parque empresarial empezou a construirse en 2005 nunha superficie de 850 hectáreas.
Tén vendidas a metade das parcelas .Teñen a súa ocupación alí máis de 1.000 traballadores.Unha vez estén funcionando tódalas empresas van chegar ós 5.000 postos de traballo directos (máis os indirectos).
Neste caso foi xestionado por unha Empresa privada en concerto co Concello e goberno Autonómico.
Cada proxecto é diferente.
Pero trátase de coñecer qué fan noutros lugares.Neste caso nunha das cidades que tén un despegue económico salientable.Qué sabe afrontar a modernidade,sendo exemplo para as cidades europeas.
Trátase de abrir os ollos. Non para facer o mesmo. Para facélo mellor.
Unha vez volva membros da Comisión darán un Informe á Xunta  Directiva desta Asociación que tén previsto reunirse o próximo luns .

jueves, 4 de marzo de 2010

¿A ESTA XENTE PREOCUPÁBALLE O MEDIO AMBIENTE?

O PRESIDENTE DE SOGAMA SACA A CARETA E DI QUE HAI QUE FACER UNHA INCINERADORA NO SUR DE GALICIA. VOLVEMOS ATRÁS NA RECICLAXE PORQUE É MÁIS RENTABLE QUEIMAR OS RESIDUOS PARA PRODUCIR ENERXÍA QUE LLA PAGAN BEN E NON COIDAR NOSO MEDIO AMBIENTE.
EN CARBALLEDA NON PODÍA HABER INCINERACIÓN (O CONVENIO FIRMADO PROHIBIAO EXPRESAMENTE).
¿SERÁ POR ISO QUE NON LLES CONVÉN FACER O PARQUE EMPRESARIAL AQUI, PORQUE NUNCA PODERÍAN MONTAR UNHA INCINERADORA CONTAMINANTE COMA A DE SOGAMA?
¿QUE PASA QUE XA PASOU TEMPO SUFICIENTE E AGORA XA PODEN SACAR A CARETA DE ECOLOXISTAS?
ESTE É O GOBERNO QUE NON QUERE CONSTRUIR UN PARQUE DE INDUSTRIAS DE RECICLAXE, XUSTIFICÁNDOSE EN RAZÓNS DE CONTAMINACIÓN E AGORA EN VEZ DE RECICLAXE FOMENTA A QUEIMA DOS RESIDUOS.

Entrevista publicada no Faro de Vigo do Domingo 28 de Febreiro de 2010:

"La idea es hacer otra incineradora en el sur de Galicia para reducir gastos de transporte"

"Sogama tiene serios problemas financieros porque el canon es bajo"
El presidente de Sogama, Luis Lamas, en su depacho. Juan Varela


R. L. MURIAS - CERCEDA Luis Lamas, abogado lucense, llegó a la presidencia de Sogama de la mano de Alberto Núñez Feijóo. Lamas, directo y enfático en su discurso en la entrevista concedida a La Nueva España –periódico de Editorial Prensa Ibérica, el mismo grupo al que pertenece FARO DE VIGO–, defiende la quema de residuos como la única opción al tratamiento de residuo. Y es que asegura que hay que ser realista y que el reciclaje no es una solución, "es un complemento".

-Usted que ya conoce las virtudes y los problemas de la quema de residuos, si tuviese que aconsejar a otras comunidades sobre la instalación de incineradoras, ¿qué les diría, que sigan adelante o no?

-Quemar residuos es la mejor opción. Es que hay que ir a lo que funciona, las demás opciones son soluciones residuales que pueden funcionar en zonas muy concretas pero no son más que sistemas complementarios que no funcionan con volúmenes importantes.
-Explíquese.

-Basta con ver lo que hacen en los países nórdicos, que son lo que tienen las mayores tasas de reciclaje y de incineración. Ese falso debate de los que dicen que la incineración se contrapone al reciclaje, pues mire, no es así. En España tenemos una forma cainita de ver los problemas, y el tratamiento de los residuos es una de ellas. Los partidos por desgracia, dependiendo del color político y de dónde estemos situados, en el gobierno o en la oposición, defendemos una cosa u otra y eso es algo absurdo que en los países del centro de Europa no pasa; todos los grupos defienden la incineración, incluso Los Verdes. Lo que ocurre es que con el tema de la gestión de basuras nadie dice lo que en realidad cree.

-¿Desde que se puso en marcha la planta incineradora en Galicia la tasa de reciclaje ha ido en aumento?

-Habría que ver el histórico de datos, pero decir que la alternativa a quemar es reciclar es mentira, ésa no es la alternativa. Eso es como cuando se habla de hacer compost. La mayoría del compost que se fabrica acaba en el vertedero y cuando se hace compost se hace metano.

-Pero Sogama sigue necesitando un vertedero aparte de la incineradora.

-Sí, porque aquí entran 900.000 toneladas y tratamos 500.000.

-¿No se calcularon bien las necesidades?

-Cuando se planteó Sogama se pretendía hacer una planta para quemar un millón de toneladas, pero en su día, los partidos de la oposición apoyados por grupos ecologistas hicieron una campaña importante diciendo que los ayuntamientos no se iban a adherir a Sogama, el Gobierno se achicó e hizo una incineradora de la mitad de capacidad. Pero aun aquellos ayuntamientos que en su día no apoyaron la planta, envían aquí el residuo. Sogama quedó saturada nada más construirse.

-Hay posturas que dicen que si se reciclase más, la planta no se habría quedado pequeña.

-¡Sí, claro!, y si mi abuela tuviese ruedas sería una bicicleta, éste es un argumento absurdo que cae por su propio peso si miran a su alrededor. También me gustaría no quemar carbón, pero si hago esa afirmación en Asturias, por ejemplo, me correrían a gorrazos hasta el puente de los Santos.

-Pero tampoco le gustará cómo huele en su despacho.

-Pues no, pero hay que asumir que toda actividad humana tiene un impacto ambiental, pero todavía huelen peor las plantas de compost, ahí sí que conviene ir sin haber desayunado.

-¿Cuáles son las tasas de reciclaje actuales en la comunidad?

-Estamos muy por detrás de lo deseable, pero me gustaría ver qué es lo que hacen los que se oponen a la incineración. Esos señores compran la fruta en bandejas de poliexpán.

-¿Qué hay del proyecto de construir una incineradora complementaria a la de Cerceda en el sur de Galicia?

-Todavía no sabemos cuándo se llevará a cabo, pero la idea es hacer otra planta en esa zona para reducir sobre todo los gastos de transporte.

-¿En qué punto está el procedimiento judicial que inició Sigre [Sistema Integral de Residuos] contra la empresa Danigal y Sogama al descubrirse que los fármacos que enviaba a la planta de Cerceda en lugar de quemarse se estaban depositando en el vertedero?

-La demanda está interpuesta contra la empresa concesionaria, Danigal, que es la firma que gestiona la planta Sigre por un incumplimiento de contrato, porque sostiene Sigre que esos residuos tenían que ser quemados, pero que en la práctica no lo fueron. Contra Sogama van simplemente por un supuesto perjuicio en su imagen por unas declaraciones que en su momento se hicieron. A Sogama no se le imputa ningún incumplimiento de contrato, porque Sogama no tenía, ni tiene, ninguna relación contractual con Sigre, sino que la tiene con Danigal, el gestor. Nosotros no tendremos que indemnizar en ningún caso, ellos nos piden una campaña en los medios para lavar su imagen.

-¿Qué le da más problemas a Sogama, la incineradora o el vertedero?

-El vertedero, sin duda. Con una diferencia abismal. De hecho estamos en los juzgados por ese tema, por los vertidos al río Lengüelle. Si yo me pudiera librar del vertedero de Areosa sería, después de Amancio Ortega, el tío más feliz de la provincia de A Coruña.

-¿Cuánto cuesta en estos momentos quemar una tonelada de basura en Galicia?

-El canon es muy bajo por desgracia, aunque no se pueda decir. Pero el canon que se cobra en Galicia es de 51,1 euros por tonelada.

-Cuando se ponga en marcha la incineradora del sur de Galicia, ¿tienen previsto subir las tasas?

-Si ponemos en marcha esa incineradora en el sur, vamos a reducir mucho los costes de transportes, pero tampoco vamos a bajarlo. Sogama está teniendo serios problemas financieros porque el canon es bajo y porque el precio de venta de energía nunca ha caído tanto. Con todas estas variables Sogama está en una situación compleja. Hoy está fuera de discusión subir las tasas por la situación de crisis que estamos pasando, tenemos un problema de cobro con los ayuntamientos así que si les subimos el canon podría llegar a suceder que no cobráramos nunca. Lo que solucionaremos al disponer de una incineradora en el sur es no tener que volver a depender de un vertedero sólo para acumular las cenizas de la incineradora.

-¿Qué ocurre con las consecuencias medioambientales de la incineradora?

-En París tienen una en el mismo centro de la ciudad, en Viena tienen otra y en Alemania están en los polígonos industriales. Salvo que lleguemos a la conclusión de que toda esta gente es una banda de incompetentes y gilipollas, y que los listos sean tres o cuatro ecologistas, cosa que me niego a creer, la incineración es la solución.
-¿Usted recicla?

-Yo separo en mi casa, y además soy bastante maniático para eso.

viernes, 19 de febrero de 2010

SOLICITAMOS PROPOSTAS NOVEDOSAS DE PROTESTA

Dende a Xunta Directiva da Plataforma solicitamos nos enviedes ideas de formas novedosas de protesta. Nos xa temos algunhas, das cales falaremos na próxima reunión pero necesitamos que todos pensedes algo.

Enviadenolas ó correo electrónico siparqueambiental@yahoo.es

Un saúdo

martes, 9 de febrero de 2010

REUNIÓN XUNTA DIRECTIVA

O xoves día 11 ,a partir das 7 da tarde, teremos reunión da Xunta Directiva da Asociación "Plataforma Sí Parque Ambiental". Coma sempre poderán asistir o/a representante parroquial a quén as suas ocupacions llo permitan.
Será unha reunión ordinaria.
Contaremos as xestions feitas dende a anterior reunión.
Cómo van algúns dos traballos encomendados.
Cómo están os contactos con empresas e grupos.
Cómo van as relacions coas distintas Administracións.
Despois da insistencia,incluso cunha petición persoal de directivos,seguimos ser ter cita co Presidente da Xunta. Esto xa non é noticia.
Esta actitude de quén é o máximo responsable do proxecto é insostible.Tal falta de respeto coa comarca do Ribeiro, por parte de quén anda esixindo tódolos días que o respeten a él, non pode ser consentida. O respeto se gaña e tamén se perde.
Por eso,esta Reunión da Directiva vai ser diferente.

martes, 26 de enero de 2010

ENCONTRO CO PRESIDENTE DA XUNTA (2)

Continuando coa información do post anterior.
Tanto o presidente da Plataforma SI Parque Ambiental, como o alcalde de Carballeda de Avia, tivemos ocasión de falar brevemente co Presidente da Xunta.É verdade que ante a atenta mirada do máximo representante do NON,hoxe delegado provincial da Xunta.
Simplemente lle dixemos que era necesario falar.
Que tiñamos que buscar unha saída falada á situación actual :
-hai un Convenio acordado en consello de ministros da Xunta,que crea obrigas ó goberno e á outras administracións.
-hai dotacións presupostarias pendentes de gastar (máis de 9 millons de euros).
-hai un longo expediente administrativo con diversas propostas,exposición pública,contratación de proxecto da actuación,etc.
O novo goberno vese preso dunhas declaracions de alguns dos seus compañeiros de siglas sobre un proxecto do que descoñocían o contido. Si se obra de boa fé, agora dende dentro do goberno deberían ler o alcance da actuación,en qué consiste.Incluso se entende que si hai algo que non lle gosta que o cambien.É a súa potestade.
Pero nin se entendería que unha inversión na comarca de máis dos 20 millons de euros se perdera.
Non se pode entender que a comarca renuncie a instalación de industrias,a un relanzamento de empresas na comarca que crearían centos de postos de traballo.
Ninguén pide eso. Ninguén se comprometeu a eso.
Outros moitos alcaldes e cadros do propio partido no goberno participan desta opinión.
A Plataforma SI ,cree que pode ofrecer unha proposta que satisfaga o cumplimento dos compromisos do Presidente, coas aspiracións do Ribeiro.
Só é cuestión de falar.
Eso foi o que lle transmitimos ó Presidente da Xunta.
Reiteramoslle que levabamos 10 meses agardando por unha reunión,inda que sea breve,con él.
Levamos DEZ meses dándolle oportunidade á palabra.Por nós non será.
A Plataforma do Sí, sabemos que o Parque de Empresas coas  modificacións que as circunstancias vaian introducindo, SE VAI FACER.
Cada mes que pasa é un tempo perdido, unha oportunidade que van aproveitar noutros lugares e outros proxectos.
Se fará coa cooperación de tódalas Administraccións Públicas (Concello,Xunta,Estado), ou sen algunha delas.
Se fará agora (contaríamos con determinadas empresas interesadas) ou máis tarde (alguns proxectos buscarán outro lugar).
Pero se fará. Porque é unha boa idea facilitar o desenrolo tecnolóxico e industrial do medio ambiente. É por onde vai Europa.Por onde vai o máis avanzado de España .Por onde debería ir Galicia.
A reciclaxe é unha oportunidade de actividade económica,con capacidade de innovación,con posibilidades de inversións,con futuro para moitas décadas,que non pode deslocalizarse.Debe promoverse o desenrolo tecnolóxico deste sector en Galicia ,contamos con técnicos ,con xente na universidade,con empresas interesadas.
Podemos facer algo exemplar na nosa terra.E eso pode salvar a nosa comarca.
¿POR QUÉ NON  FALAR DESTO?

domingo, 24 de enero de 2010

REITERACIÓN PETICIÓN DE REUNIÓN Ó PRESIDENTE


O pasado xoves ,co obxeto de asistir a un acto da Cooperativa do Ribeiro,estivo na comarca o Presidente da Xunta.
Por elo tivemos ocasión de reiteralle personalmente a petición dunha reunión co obxeto de buscar unha saída consensuada ó proxecto da Xunta de Galicia de promover un Parque Empresarial e Centro Tecnolóxico Medio Ambiental.
Estes días o xornal La Region daba a cifra de que había cantidades presupostarias sen gastar para este proxecto por máis de 9 millons de euros.
Dixémoslle que tiñamos unha proposta que podería satisfacer as posicions do Presidente e do colectivo que representamos.Creemos que eso é o que desea a comarca do Ribeiro.
Podemos buscar unha saída que deixe as duas partes ben.
E para eso haberá que falar...
Ese día facía 10 meses que pediramos unha xuntanza co Sr.Nuñez Feijoo.



jueves, 7 de enero de 2010

INFORMACIÓN ÓS SOCIOS (3)






Queremos que tódolos socios sepan que estamos traballando en facer realidade o Proxecto de Parque de Empresas Ambientais e Centro Tecnolóxico.


Na estratexia acordada.
Traballamos intensamente co organismo impulsor, o Concello de Carballeda de Avia,que conta coa autoridade e competencias administrativas para promover este proxecto.
Traballamos co Ministerio de Fomento para que o acceso dende a A-52 ó Parque sexa realidade.
Agardamos poder celebrar a reunión co Presidente da Xunta para falar coa claridade da súa posición,neste momento indefinible.Co ánimo de sair cun acordo aceptable para todos.
E nestes meses o traballo máis intenso foi dos Grupos de Traballo con Técnicos e Empresas.
Evidentemente non podemos relatar tódolos detalles.
Temos relación estable cos mellores técnicos ,formando un equipo moi completo,que conforman a Comisión Técnica de Asesoramento.
Temos boas expectativas respecto das iniciativas empresariais interesadas.Ás veces, as iniciativas emprendedoras van por adiante dunha retardante administracción.
Temos diversas opcions para a urbanización do Parque Empresarial se execute.
Temos un marco de futuro inmellorable. As políticas ambientais de Europa.O novo modelo de crecemento económico.A Estratexia de Economía Sostible.
Queremos que tódolos socios sepan que este proxecto tan beneficioso para a comarca,que non perxudica a ninguén (máis ca algunha mente que calcula perdas electorais),que tén a vista no futuro,que trai traballo e inversións...traballamos para que sea realidade canto antes.

INFORMACIÓN ÓS SOCIOS (2)

O Parque de Empresas será unha realidade


A Asociación (rexistrada legalmente) Plataforma Sí ó Parque Ambiental foi constituída por outras varias asociacions e colectivos para defender este Proxecto: un parque empresarial especializado en industrias ambientais,de reciclaxe de productos non peligrosos,cun Centro Tecnolóxico da reciclaxe,e industrias medioambientais que non afecten ó entorno,e nunhas condicions de respeto á paisaxe exemplares. O Proxecto é crear empresas con desenrolo tecnolóxico,que cree emprego nunha comarca que o precisa e que se despoba de forma preocupante,nun sector de futuro e que contribúa o desenrolo económico de Galicia e do interior,que cree un polo de desenrolo ante novas oportunidades.
Con ese obxeto RATIFICAMOS a nosa vontade de defender este Proxecto.
E non só defendélo.
VAMOS FACÉLO REALIDADE.
A única cuestión que está en dúbida é  cánto tempo vai tardar en ser realidade

lunes, 4 de enero de 2010

INFORMACIÓN ÓS SOCIOS (1)

Acaba 2009.
O cambio do goberno na Xunta non foi inocuo.


A institución autonómica ,que tén asinado un Convenio que a compromete a través dun acordo de Consello (acto administrativo que crea obrigas e dereitos),pretende anular ese acto sen máis.
Así o anuncia o delegado provincial da Xunta unha vez é nomeado para este cargo xustamente o que foi máximo impulsor e difusor do colectivo do NON :"Temos Dereito a saber".
Sen falar con ninguén.Sen escoitar a quenes queremos expoñer a nosa opinión.
Nós queremos falar co Presidente da Xunta, a quén Rogelio Martínez atribúe a decisión.Só con él.
Queremos que nos concrete os termos desa decisión,cómo vai rematar cun expediente administrativo eficaz. Supoñíamos que o Presidente cumpre a Lei e a fai  cumprir.Que se comporta conforme a un presidente nun Estado de Dereito.
Queremos falar con él, saber si coas modificacions que o seu goberno considere, é posible retomar este proxecto.
Queremos saber si en caso contrario vai compensar á comarca do Ribeiro coa inversión prevista,acordada no Consello de Goberno da Xunta de Galicia. Se se vai facer un Parque Empresarial onde instalar as 30 industrias que creen os 800 postos de traballo previstos,coas dotacions e infraestructuras previstas,co Centro Tecnolóxico previsto.
E ..."TEMOS DEREITO" A SABÉLO.
(Continuará)