Mostrando entradas con la etiqueta informacion socios e veciños. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta informacion socios e veciños. Mostrar todas las entradas

jueves, 7 de enero de 2010

INFORMACIÓN ÓS SOCIOS (3)






Queremos que tódolos socios sepan que estamos traballando en facer realidade o Proxecto de Parque de Empresas Ambientais e Centro Tecnolóxico.


Na estratexia acordada.
Traballamos intensamente co organismo impulsor, o Concello de Carballeda de Avia,que conta coa autoridade e competencias administrativas para promover este proxecto.
Traballamos co Ministerio de Fomento para que o acceso dende a A-52 ó Parque sexa realidade.
Agardamos poder celebrar a reunión co Presidente da Xunta para falar coa claridade da súa posición,neste momento indefinible.Co ánimo de sair cun acordo aceptable para todos.
E nestes meses o traballo máis intenso foi dos Grupos de Traballo con Técnicos e Empresas.
Evidentemente non podemos relatar tódolos detalles.
Temos relación estable cos mellores técnicos ,formando un equipo moi completo,que conforman a Comisión Técnica de Asesoramento.
Temos boas expectativas respecto das iniciativas empresariais interesadas.Ás veces, as iniciativas emprendedoras van por adiante dunha retardante administracción.
Temos diversas opcions para a urbanización do Parque Empresarial se execute.
Temos un marco de futuro inmellorable. As políticas ambientais de Europa.O novo modelo de crecemento económico.A Estratexia de Economía Sostible.
Queremos que tódolos socios sepan que este proxecto tan beneficioso para a comarca,que non perxudica a ninguén (máis ca algunha mente que calcula perdas electorais),que tén a vista no futuro,que trai traballo e inversións...traballamos para que sea realidade canto antes.

INFORMACIÓN ÓS SOCIOS (2)

O Parque de Empresas será unha realidade


A Asociación (rexistrada legalmente) Plataforma Sí ó Parque Ambiental foi constituída por outras varias asociacions e colectivos para defender este Proxecto: un parque empresarial especializado en industrias ambientais,de reciclaxe de productos non peligrosos,cun Centro Tecnolóxico da reciclaxe,e industrias medioambientais que non afecten ó entorno,e nunhas condicions de respeto á paisaxe exemplares. O Proxecto é crear empresas con desenrolo tecnolóxico,que cree emprego nunha comarca que o precisa e que se despoba de forma preocupante,nun sector de futuro e que contribúa o desenrolo económico de Galicia e do interior,que cree un polo de desenrolo ante novas oportunidades.
Con ese obxeto RATIFICAMOS a nosa vontade de defender este Proxecto.
E non só defendélo.
VAMOS FACÉLO REALIDADE.
A única cuestión que está en dúbida é  cánto tempo vai tardar en ser realidade