lunes, 4 de enero de 2010

INFORMACIÓN ÓS SOCIOS (1)

Acaba 2009.
O cambio do goberno na Xunta non foi inocuo.


A institución autonómica ,que tén asinado un Convenio que a compromete a través dun acordo de Consello (acto administrativo que crea obrigas e dereitos),pretende anular ese acto sen máis.
Así o anuncia o delegado provincial da Xunta unha vez é nomeado para este cargo xustamente o que foi máximo impulsor e difusor do colectivo do NON :"Temos Dereito a saber".
Sen falar con ninguén.Sen escoitar a quenes queremos expoñer a nosa opinión.
Nós queremos falar co Presidente da Xunta, a quén Rogelio Martínez atribúe a decisión.Só con él.
Queremos que nos concrete os termos desa decisión,cómo vai rematar cun expediente administrativo eficaz. Supoñíamos que o Presidente cumpre a Lei e a fai  cumprir.Que se comporta conforme a un presidente nun Estado de Dereito.
Queremos falar con él, saber si coas modificacions que o seu goberno considere, é posible retomar este proxecto.
Queremos saber si en caso contrario vai compensar á comarca do Ribeiro coa inversión prevista,acordada no Consello de Goberno da Xunta de Galicia. Se se vai facer un Parque Empresarial onde instalar as 30 industrias que creen os 800 postos de traballo previstos,coas dotacions e infraestructuras previstas,co Centro Tecnolóxico previsto.
E ..."TEMOS DEREITO" A SABÉLO.
(Continuará)



3 comentarios: