domingo, 13 de junio de 2010

INCINERADORA: NON NO RIBEIRO... NIN NOUTRO LUGAR

O Goberno da Xunta repite a seu anuncio de montar unha INCINERADORA do Lixo no Sur de Galicia.
Fai uns días manifestamos claramente a nosa oposición a Incineración, en ningún lugar de Galicia.
Incinerar é o contrario de Reciclar.
O Plan de Residuos anterior descartaba este tipo de instalacions.Promovía plantas territoriales , a promoción da compostaxe.A reducción de lixo.E...a RECICLAXE de todolos productos que sea posible.
Así promovíase un Centro de Investigación e desenrolo e un Poligono Industrial especializado para axudar ó sector a desenrolarse en Galicia facilitando a instalación de industrias de reciclaxe.
Algo parecido vimos estes días en Zaragoza. Actividades limpas, agrupadas nun poligono industrial exemplar,sen vertidos,co aproveitamente dos productos obtidos (aluminio,ferro,cobre,caucho,etc..).Reciclar electrodomesticos (televisores,neveiras,ordenadores...,motores de coches,carrocerías, rodas...) creando emprego e iniciativas empresariales de futuro.
(en Aragón está prohibida a Incineración,como tamén se debe facer en Galicia cando un Plan de Residuos razonable como o anterior ,en canto poña a funcionar outras ferramentas,o faga posible)
A nova Xunta acordou modificar o Plan de Residuos de Galicia. Programa unha nova Incineradora maior ca existente de Sogama. Para queimar todo, producindo emisions ,con vertidos...para que as empresas electricas se beneficien.
Un xiro radical na politica ambiental.
O contrario do que se viña decindo.
Todo parece unha película que xa tiñamos visto.
Algo anunciado.
Para eso se montou unha oposición e se demonizou a reciclaxe.
Para eso se xoga á confusión. Creando equivalencias falsas.
Por eso nós témolo claro: INCINERADORA NIN ANTES NIN AGORA.
Actuaremos en consecuencia. Deixarémoslle moi clara a nosa oposición.
Incineradora nin aquí nin en ningún outro lugar.Porque a incineradora é a morte do reciclaxe.
Pero non queremos saber nada con quenes xogan a confusión para non decir que é este Goberno da Xunta do presidente Feijoo,do conselleiro Agustin Hernandez e do delegado Rogelio Martinez, quenes toman a decisión de montar unha INCINERADORA .
Que os mesmos que crearon unha mentira de que iba vir lixo para o Parque de Empresas Medioo Ambientais de Carballeda, para desprestixiar a reciclaxe; agora promoven un pelotazo para facer rica a algunha eléctrica.
Imaxinamonos as caras dalgún incautos que lle fixeron caso.
Como se ve o refrán cúmplense. Can antes os MENTIROSOS que os coxos.

jueves, 10 de junio de 2010

RODA PRENSA

Fixemos Conclusión da Viaxa ó Parque de Zaragoza. Anunciamos que faremos un vídeo explicativo das industrias de reciclaxe que servirá como material de difusión. Porque alí está feito algo do que queremos facer aquí.
Volvemos a chamar ó Presidente da Xunta a que nos reciba para buscar unha saída á situación administrativa deste proxecto. estamos dispostos a definir claramente as actividades e industrias. A negociar unha saída amistosa, dun Convenio que obriga á Xunta.
A preguntas dun xornal tamén nos manifestamos claramente contra unha INCINERADORA. Nin aquí nen en ningún outro lugar. Pero eso merece un post específico.