Continuando coa información do post anterior.
Tanto o presidente da Plataforma SI Parque Ambiental, como o alcalde de Carballeda de Avia, tivemos ocasión de falar brevemente co Presidente da Xunta.É verdade que ante a atenta mirada do máximo representante do NON,hoxe delegado provincial da Xunta.
Simplemente lle dixemos que era necesario falar.
Que tiñamos que buscar unha saída falada á situación actual :
-hai un Convenio acordado en consello de ministros da Xunta,que crea obrigas ó goberno e á outras administracións.
-hai dotacións presupostarias pendentes de gastar (máis de 9 millons de euros).
-hai un longo expediente administrativo con diversas propostas,exposición pública,contratación de proxecto da actuación,etc.
O novo goberno vese preso dunhas declaracions de alguns dos seus compañeiros de siglas sobre un proxecto do que descoñocían o contido. Si se obra de boa fé, agora dende dentro do goberno deberían ler o alcance da actuación,en qué consiste.Incluso se entende que si hai algo que non lle gosta que o cambien.É a súa potestade.
Pero nin se entendería que unha inversión na comarca de máis dos 20 millons de euros se perdera.
Non se pode entender que a comarca renuncie a instalación de industrias,a un relanzamento de empresas na comarca que crearían centos de postos de traballo.
Ninguén pide eso. Ninguén se comprometeu a eso.
Outros moitos alcaldes e cadros do propio partido no goberno participan desta opinión.
A Plataforma SI ,cree que pode ofrecer unha proposta que satisfaga o cumplimento dos compromisos do Presidente, coas aspiracións do Ribeiro.
Só é cuestión de falar.
Eso foi o que lle transmitimos ó Presidente da Xunta.
Reiteramoslle que levabamos 10 meses agardando por unha reunión,inda que sea breve,con él.
Levamos DEZ meses dándolle oportunidade á palabra.Por nós non será.
A Plataforma do Sí, sabemos que o Parque de Empresas coas modificacións que as circunstancias vaian introducindo, SE VAI FACER.
Cada mes que pasa é un tempo perdido, unha oportunidade que van aproveitar noutros lugares e outros proxectos.
Se fará coa cooperación de tódalas Administraccións Públicas (Concello,Xunta,Estado), ou sen algunha delas.
Se fará agora (contaríamos con determinadas empresas interesadas) ou máis tarde (alguns proxectos buscarán outro lugar).
Pero se fará. Porque é unha boa idea facilitar o desenrolo tecnolóxico e industrial do medio ambiente. É por onde vai Europa.Por onde vai o máis avanzado de España .Por onde debería ir Galicia.
A reciclaxe é unha oportunidade de actividade económica,con capacidade de innovación,con posibilidades de inversións,con futuro para moitas décadas,que non pode deslocalizarse.Debe promoverse o desenrolo tecnolóxico deste sector en Galicia ,contamos con técnicos ,con xente na universidade,con empresas interesadas.
Podemos facer algo exemplar na nosa terra.E eso pode salvar a nosa comarca.
¿POR QUÉ NON FALAR DESTO?
Parece que tivo eco esta informacion nos xornais e radio
ResponderEliminarFeijoo pasara a la historia como el DESMONTADOR de proyectos
ResponderEliminarAl Sr Nuñez Feijo le va la marcha
ResponderEliminarPasa de todo
Se ve ahora con el congreso pepero
utiliza sus matones y el juego sucio
dice una cosa y por atras hace lo contrario
creo que con el parque industrial vuestro paso lo mismo
El Sr Nuñez Feijo solo os hara caso cuando le deis caña
pareze que o feijo lle deron duro na asamble provincial do pp ,a el e os secuaces o rogelio e o alcalde de leiro -o de beade parez que cambiou de grupo-
ResponderEliminarxa estan levanbdo no lombo
Debemos de loitar por este proxecto,porque poderemos pasar a formar parte dos que apoiamos o proxecto da innovación e o desenrolo, sendo pioneiros e exemplo para outros países, e non deixando unha vez máis que outros sexan os primeiros e nós ir á cola.
ResponderEliminarseria importante que alguns alcaldes do PP que coa boca baixa queren o parque e as empresas, que o fixeran cara a xente
ResponderEliminarmoitos din que apoian porque os seus veciños lle dicen e queren quedar ben
e agora cara eleccions inda van estar mais preocupados
A verdad e que tendes bastantes razons
ResponderEliminarsempre e bo ter razon
cando haxa que facer algo ,cando haxa cambiar actitude polo menos podedes decir que destes mil oportunidades de falar
Xa chega a hora de cambiar de actos e vai haber que empezar a molestar algo
Neste ano vai haber moita ocasion
¡¡¡¡E XACOBEO¡¡¡
A ver si agora que Acabaron o Congreso os do PP volven a preocuparse pola xestion
ResponderEliminarporque si entraron no goberno seria para eso ou ¿para que?
Cada dia mais parados e estes ocirrese PARAR A CONSTRUCCION DUN PARQUE INDUSTRIAL que interesa a algunha empresas e que faria mover o Ribeiro
Si se envche hostales, casas de comidas,se alkquilan baixos,os taxis teñen viaxes,ata se vendera mais viño.Eso sera BO para todos
Si o Feijoo falou convosco suponse que lle dixestes que queriades reunirvos con el
ResponderEliminarNon se entende por que non quere reunirse
Agora que esta no poder suponse que veria o proxecto que tiña a Xunta anterior
Por qué non falan nada deso? O que falaron mal del agora poderian demostrar que decian a verdade, eles teñen os papeles...
TEMOS DEREITO A SABER A VERDAD
O Proxecto dice que aqui iban vir todala basura do Sur de galicia, que iban pasar mil camions cada día,quer inban vir residuos peligrosos que producian canceres,...Que quiten os papeles
Ou sera que MENTIRON?
ROGELIO E O INIMIGO NUMERO 1 DO RIBEIRO
ResponderEliminarPRIMEIRO COLLEUNA CON RIBADAVIA
DESPOIS CON CARBALLEDA
DESPOIS CON MELON
NON LLE VALE NADA MENOS FACER O SEU CAPRICHO E PISAR OS DEMAIS
ROGELIO CULPABLE DO QUE PASA CONSELLO E PREZO UVA E ESCANDALOS
DAS DESFALCOSS NA MANCOMUN
DOS FRAUDES AXUDAS EUROPA
DE APROVEITARSE E FACER PATRIMONIO COS CARTOS PUBLICOS