lunes, 31 de mayo de 2010

VISITA PTR ZARAGOZA (5)

Rematamos cunha degustación de productos aragoneses no restaurante do Parque Empresarial. Viño do Somontano, longanizas, pementos, queixo, xamón de Teruel...Todo a altura da visita. E da xenerosidade dos nosos anfitrións. María e Xosé Manuel serán uns amigos para sempre para cantos visitamos este Polígono.
Algunha foto fixemos do grupo. Abrazos. Despedidas. O presidente da asociación volve para Madrid a traballar. Nós de novo no autobús a facer mil quilómetros, coa satisfacción de coñecer isto. Con toda a satisfacción.
Outro día faremos as Conclusións.

VISITA PTR ZARAGOZA (4)

A planta seguinte foi a de Aparatos Electrodomésticos grandes e pequenos.
Esta planta saiu estes días no telediario. Está a tope de actividade porque o proceso de cambio das televisións antigas polas novas da Tdt faille chegar moito material. As TV entran e diversas empleadas (predominaban mulleres) separan as diferentes partes e recipientes con cada cousiña (dende un tornillo,ou as lámparas,os cristales,os cables etc..).
Noutro lugar trátanse ordenadores, impresoras, etc... co mesmo proceso de separación. Logo cada cousa vai ó seu lugar. As placas son levadas a Alemaña onde hai a única industria que separa as pequenas partes de platino,ouro etc.
Chama a atención que moito material é novo (defectuoso que devolven os comercios ou empresas...). Outro que vén dos puntos limpos sofre o proceso de clasificación, desmontaxe e separación.
Logo alguns compoñentes volven a ser moídos, para poder ser separados e obter cobre de gran pureza, plásticos etc. Todo servirá para elaborar novos productos pola industria que chegarán de novo ás tendas.
Por eso se dí que a Reciclaxe son as novas Minas deste tempo. Utilizando productos que antes acababan tirados nos montes ou ríos, obteñense sustancias puras (cobre, alumunio, ferro...) que sirve para volver a elaborar os aparellos que necesitamos. No medio crease riqueza e traballo.
En fin un día longo,intenso.

VISITA PTR ZARAGOZA (3)

De seguido fomos visitar a planta de Neumáticos.Fora vimos as grandes sacas co polvo de diferente tamaño.
Entramos polo lugar onde chegan os neumáticos de coche,camión,tractor etc.
Logo vanse triturando en diferentes procesos.
Ó mesmo tempo vaise separando os arames que levan.
Estivemos no laboratorio onde se fan probas cada dúas horas.
Aqui tiñan unha gran cantidade para utilizar en campos de fútbol de herba artificial.
Outro calibre úsase para pavimento de estradas e autovías.
Tamén se traballa en tres turnos diferentes.
Moitos de nós fartamonos de tocar o caucho obtido.

VISITA PTR ZARAGOZA (2)

De paso vimos tamén a Planta de Férricos.
Os restos dos coches chegan perfectamente descontaminados (sen aceites nin líquido algún, sen rodas, etc). Pasan por unha planta encapsulada que evita ruídos. Saen plásticos triturados para utilizar noutro lugar. Sae o ferro triturado que irá a planta de ACELOR que está ó lado e tamén poidemos ver.
Vimos unha trituradora de metales. Capaz de cortar varias vías de ferrocarril.
Bueno. A seguinte planta que visitamos foi a de Motores de Coche que acaba triturando e pasando logo o proceso de separación a través de auga cun producto que permite que flote o ALUMINIO que é o que interesa, e o Ferro que se funde e utilizase tamén. Esta planta tén un premio europeo Life.
Chama a atención que a auga reutilízase de novo, sae limpa do proceso. Hai verquido 0. O aluminio de gran calidade vai a planta de Fagor. De novo volven a facerse novos motores que entrarán no proceso productivo.
Coma na anterior traballase en varios turnos. Un turno tamén se dedica a Mantemento. A tecnoloxía tan boa esixe equipos de mantemento que o fan tódolos días.

NO PARQUE INDUSTRIAL DA RECICLAXE (1)

Por fin o Grupo de veciños do Ribeiro puidemos realizar a visita.
O trato da empresa promotora (D.María e D.Xosé Manuel) foi espectacular. Agradecementos eternos pola súa entrega, esforzo e corazón por explicar absolutamente todo, responder calquer dúbida. E aínda encima obsequiarnos do xeito que o fixeron. Chapeau.
A visita empezámola cun percorrido xeral polo Polígono.
Fomos ver a Nave adicada á reciclaxe dos Frigoríficos.Vimos o proceso dende que chegan, se separa o gas do aceite, se separan os motores, os poliuretanos. Se moe o resto e se separa continuamente ata obter productos puros: ferro, aluminio, plástico, poliuretano. Para entrar de novo noutras industrias onde se farán novos productos. Esta é a filosofía de todo reciclaxe. Separar ata obter productos puros que servirán para elaborar novos productos que volverán ó usuario. No medio queda traballo, riqueza, desarrollo e reutilización de productos que doutro xeito estarían tirados polos montes.

domingo, 30 de mayo de 2010

DOMINGO EN ZARAGOZA

Os veciños do Ribeiro,  dos diferentes concellos da comarca (Leiro,Castrelo,Beade,Cenlle,Arnoia,Melón,Ribadavia,Carballeda..) pasamos o domingo en Zaragoza. Aproveitamos para coñecer a cidade coas visitas obrigadas ó Pilar e as ribeiras do Ebro.Algúns fartaronse de camiñar.Outros optaron polo bus.Todos descansamos da longa viaxe.Agardando que chegue o día de coñecer o obxeto da viaxe.O luns saimos cediño do hotel para ir aló.

VIAXE Ó PARQUE DA RECICLAXE DE ZARAGOZA

Por fin a noite do sábado saímos de Ribadavia para coñecer o Parque de Reciclaxe López Soriano na cidade de Zaragoza.
Viaxamos toda a noite. Cruzamos España para saber cómo é ese Poligono Industrial especializado en industria de reciclaxe.
Antes convidamos as Asociacións e Colectivos da Comarca do Ribeiro. Fixémoslle chegar unha invitación formal por carta. Incluso visitamos a moitas delas persoalmente.
Os que quixeron vir están no autobús. Ninguén pode decir que non se lle deixara vir a coñecer o que hai aquí.
Seguiremos informando.

lunes, 10 de mayo de 2010

IMPORTANTE: CAMBIO DE DATA VISITA ZARAGOZA para día 30 e 31

Por distintas razóns organizativas, a data da VISITA ó Parque da Reciclaxe de ZARAGOZA cambia de data.
Será os días 30 e 31 deste mes de Maio.
O resto das condicións son as mesmas.
Viaxamos o Sábado pola noite para chegar na mañán do Domingo.Día libre.Noite no hotel. Luns cedo visita ó Parque para unha vez rematada regresar pensando en chegar a noitiña á casa.
Os horarios confirmaranse a cada participante.
Os colectivos interesados deben comunicarllo a calquer membro da Directiva.
Mail: siparqueambiental@yahoo.es