miércoles, 24 de junio de 2009

NO PARLAMENTO


Unha pequena representación quixo ver a resposta breve do Conselleiro de Medio Ambiente e Obras sobre o Proxecto de Parque Ambiental.
O Conselleiro non descalificou o proxecto como tiñan feito os do NON.
Pareceu que quería buscar unha disculpa...No longo expediente que forman dende o Convenio, o estudo de Viabilidade tan detallado,ata os estudos de abastecemento,depuración,suministro eléctrico...Un expediente con exposición pública,Estudo de Impacto Ambiental,Proxecto de Sectorización...Despois de tres anos de expediente,dotación presupostarias,e alguns euros gastados, do Proxecto de enlace coa Autovía Rias Baixas...Despois de tanto, só falou de que atopou UN papel dun técnico do IGVS que poñía en dúbida a viabilidade ¡polo COSTE ECONÓMICO!
Resulta que NON hai basura,nin centos de camions circulando mentras lle can as bolsas de basura,nin mosquitos que tran toda clase de enfermidades,nin choiva ácida que arruíne os viñedos,nin canceres,nin enfermidades que nazcan nenos deformes....e tantas MENTIRAS REPETIDAS e televisadas.
NON...o problema é que custa cartos.
Pois claro que sabíamos todos que custaría cartos.Para eso se fan os Presupostos,se fan as previsions,se firman convenios,se acorda no Consello da Xunta.
Pois non nolo iban facer gratis.
Costa cartos o abastecemento,a depuración, a urbanización do solo...Coma en tódolos polígonos industriais que fan tódolos gobernos,con Xestur ou con quén sea.
............
CONTINUARÁ.

jueves, 18 de junio de 2009

ASAMBLEA XERAL Plataforma SI










O 17 celebramos a Asamblea Xeral.
Unha asamblea importante na que recebimos un número importante de novas altas(arredor de 200 novos socios).
Novas incorporacions de representantes parroquiais para a Xunta Directiva.
E sobre todo o respaldo da Comarca do Ribeiro para o Plan de defensa do Parque de Empresas Ambientais.
Un Plan con medidas amplas e diversas.Na idea de sumar.En positivo.A favor da instalación de industrias limpas,de futuro.A favor de inversions que crearán centos de postos de traballo.A favor dunha nova dinámica de crecemento económico na comarca.

sábado, 13 de junio de 2009

ASAMBLEA XERAL PLATAFORMA

O vindeiro mércores día 17 de Xuño ás 8:30 da tarde na Casa de Cultura de Ribadavia todos os veciños do Ribeiro que apoiemos o proxecto de construcción do parque empresarial de industrias de reciclaxe en Carballeda de Avia debemos e estar nesta asamblea.

Nesta reunión convocada pola plataforma, todos os asistentes poderán facer as súas propostas ademáis de recibir toda a información sobre o estado do proxecto, tanto por parte do Goberno Central como por parte da Xunta de Galicia.

NON PODEMOS DEIXAR QUE NOS QUITEN OS POSTOS DE TRABALLO. POLO FUTURO DA NOSA COMARCA. VEN A INFORMARTE.

PORQUE ESTE PROXECTO É DO RIBEIRO. DEBEMOS DE LOITAR POLO NOSO FUTURO.

DI QUE SÍ Ó PARQUE DE EMPRESAS AMBIENTAIS NO RIBEIRO