martes, 24 de mayo de 2011

DESPOIS TREGUA ELECTORAL...SIN NOVAS

Despois de máis de 3 meses (100 días) da reunión co responsable de Medio Ambiente do Goberno da Xunta). Despois dunha tregua coincidindo co proceso electoral.
Volvemos.
Para lembrar á Xunta os compromisos adquiridos, que son ben simples.Nunhas relacions de boa vontade.
Para comprobar quén cumple e quén non.
Agora xa pasou o proceso electoral....

sábado, 2 de abril de 2011

INDUSTRIAS NO RIBEIRO

Istes días fálase do interés por instalarse no Ribeiro dunha industria inglesa de fabricación de VEHICULOS ELÉCTRICOS.
As oportunidades que produce o sector AMBIENTAL sucedense continuamente.
É o sector de futuro. Son actividades limpas, que teñen axudas públicas, con moitas posibilidades de futuro. E crean EMPREGO.
Pero a Xunta de Galicia NON CREO SOLO INDUSTRIAL onde poidan instalarse.
O Goberno Feijoo  PARALIZOU a construcción do Parque Empresarial de Carballeda de Avia, que contaba cunhas VINTE empresas de carácter medioambiental interesadas.
O Goberno actual da Xunta  RETRASOU a ampliación do Polígono que existe en Ribadavia.
O Goberno da Xunta de Feijoo NON URBANIZOU nin tramitou nada para que o Concello de MELÓN conte co seu Polígono Industrial.
Tres Polígonos necesarios, ben ubicados,con empresas que queren instalarse.
E unha Comarca na que os xóvenes e mulleres,parados e ocupados, necesitan TRABALLO digno aquí. Unha Comarca que necesita unha dinamización económica ampla nos outros sectores.
Algúns SOLO saber decir NON. Sólo saben DESFACER. Sólo saber de SUPRIMIR E RETRASAR.
Despois de 2 anos , O RIBEIRO ESTÁ FARTO DESTE GOBERNO DA XUNTA DO PARTIDO POPULAR E DE FEIJOO -cero cero.
.............
E aínda hai un CONSELLEIRO, que decide todas estas cousas, que se quere disfrazar de ribadaviense (inda que aquí nunca veu ata que se meteu en política).
.............
Por elo
Esiximos a Fábrica de Vehículos Eléctricos anunciada.Ou alguén terá que dimitir.
Esiximos que se urbanice e dote Solo Industrial nos Polígonos de Carballeda de Avia, Ribadavia e Melón.
Queremos ter dereito a que se ubiquen aquí empresas como a Mitsubitshi e outros proxectos de futuro,de orientación ambiental.

miércoles, 9 de marzo de 2011

UN MES DESPOIS DOS COMPROMISOS DA XUNTA

Un mes despois da reunión coa Xunta ,na que se adquiriron diversos compromisos, a desconfianza surxe.
Do primeiro compromiso, ó máis fácil , en relación co Proxecto de sectorización do Parque de Empresas Ambientais...aínda non se cumpliu.
Estamos vixilantes.

jueves, 24 de febrero de 2011

CHARLA concello de Cenlle

O VENRES día 25
as 8,30 da tarde
estaremos na chamada CASA DO POBO
de LAIAS
Teremos a Charla Informativa sobre Industrias de Reciclaxe, o proxecto de Parque Ambiental.
Unha ocasión pasra que os veciños poidan ter información directa sobre un proxecto sobre o que algúns tantas mentiras contaron (e outros continuan a contar).
Tamén falaremos de calquer outro aspecto relacionado co Plan de Residuos de Galicia que acaba de modificar o actual Goberno da Xunta para crear unha INCINERADORA que queime os residuos urbanos do Sur de Galicia.

domingo, 20 de febrero de 2011

O Alcalde de LEIRO non concede de novo o local para Acto Público

O Alcalde de Leiro non concedeu de novo os locais solicitados para celebrar o Acto no concello de Leiro. A solicitude entregada o día 9, aínda hoxe non recebíu resposta. Fíxose a mesma da outra vez, con tempo,por escrito .Algo que nunca se fai ,en ningún lugar.
Non quixo decir si se concedía nin si non.Dixo que se contestaría por escrito....Hoxe aínda non recebimos o escrito.
Francisco I  de Leiro non tivo a ben contestarnos. Os locais son del. El é amo e señor. Nos seus territorios fan charlas quén queira él e para falar do que él queira.
Dende o día 9 non tivo tempo.

sábado, 12 de febrero de 2011

A XUNTA VE BEN O PROXECTO DE CARBALLEDA PERO NON O VAI A FACER

Logo da reunión mantida co Secretario Xeral de Calidade Ambiental o pasado Xoves, a mensaxe que nos transmitiu foi moi clara, e seguindo a liña marcada polo presidente da Xunta na reunión mantida co Alcalde de Carballeda de Avia:
1º. A XUNTA VE BEN AS INDUSTRIAS DE RECICLAXE E O PARQUE DE CARBALLEDA DE AVIA
2º ESTE GOBERNO NON VAI A CONTINUAR CO PROXECTO (Os motivos non quedan demasiado claros).

O que si quedou clara é a postura da Xunta, polo que solo queda un camiño, QUE O CONCELLO PROMOVA ÉL MESMO O PROXECTO, é decir O PLAN B.

Polo tanto, o Concello xa comezou as xestións necesarias para rescindir de forma amistosa o convenio que asinou co Goberno anterior, e continuar o camiño por si solo.

Nós pedímoslle a este goberno a través do Secretario Xeral de Calidade Ambiental 3 cousas moi claras logo de coñecer que a Xunta non vai a desarrollar o parque:

1º. Que colabore da mesma forma que colabora con calquera outro polígono industrial de Galicia, e parece que eso non vai a ser problema.

2º. Que as empresas que se queiran instalar sexan tratadas como si se instalaran en calquera outro parque empresarial, e tamén parece que non vai haber problema.

3º Que lle pasen ó concello o expediente para que poida continuar por si solo as xestións para desarrollar o parque, e tamén parece que o concello vai a recibir o Plan de Sectorización que a Xunta contratou e pagou no seu momento, e que nunca foi sacado a exposición publica.

FALTA POÑER POR ESCRITO AS PALABRAS. CON ESTE GOBERNO O CONCELLO DEBE DE CAMIÑAR POR SI SOLO.

ESTA PLATAFORMA CONTINUARÁ TRABALLANDO MAN A MAN CO CONCELLO DE CARBALLEDA DE AVIA PARA CREAR O PARQUE EMPRESARIAL, E VISITANDO TODOS OS RECUNCHOS DO RIBEIRO EXPLICANDO EN QUE CONSISTEN AS EMPRESAS DE RECICLAXE.

jueves, 10 de febrero de 2011

REUNION COA XUNTA

Non será co Presidente como pedimos. (hai unha semán polo menos recibiu ó Alcalde de Carballeda de Avia).
Non será co Conselleiro de Medio Ambiente.
A Xunta designou para falar connosco ó Secretario Xeral de Calidade.
Hoxe pola mañán representantes desta Asociación estamos citados na Consellería.
Non nos recibe o máximo responsable da decisión de nin andar nin parar co parque de empresas ambientais.
Pero nós vamos ante calquer representante que nos poñan. Como si temos que falar co último funcionario...
Con calquera (bueno, menos con UN que lideraba as pancartas contra este proxecto tan exemplar).
Con excepticismo...Porque para falar as grandes decisions hai que falar con quén mande...
Pero despois de 22 meses que solicitamos reunirnos con Feijoo, é a primeira vez que nos citan con día e hora con alguén...inda que sea así.

sábado, 5 de febrero de 2011

LAMENTABLE ALCALDIA DE LEIRO

A Alcaldía de Leiro non tivo a ben concedernos o uso de un dos dous locais solicitados (en Lamas e Paredes solicitados os dous xa por si acaso) para celebrar a reunión informativa sobre as empresas de reciclaxe.
Algúns viven na idade media. Pensan que os locais PUBLICOS que administran son leiras da súa propiedade.Pensan que os cidadáns son servos.
O talante de Paco está tornando ó do outro Paco,o ditador.
Vaia curriculum que leva . Na mancomunidade. Na deputación.Como xefe do Leader, excluinte dos de diferente opinión política...Como presidente dos farmacéuticos.  Son moitos os cargos... 
Ou pode que non quere que se lle vaian quitando caretas.
Coma a de que este rabioso combatente contra o reciclaxe, agora se torme CALADIÑO ante a Incineradora e Macroplanta de Lixo. Como que persoaxe tan activo contra o parque de empresas medioambientais, sea autorizador e cómplice de actividades contaminantes en Lamas ou Vieite.
Pero home, non sabes que esto de pretender calar o que é un clamor non fai máis ca deixarte en evidencia...

lunes, 31 de enero de 2011

CONTINUAMOS REUNIONS COMARCA

Continuamos cos actos informativos sobre a RECICLAXE e o proxecto de PARQUE AMBIENTAL. Tamén sae o tema do proxecto da Xunta de construir unha Macroplanta de Basura e INCINERADORA nesta zona.
Esta semán estamos:

-Venres, día  4- 8 tarde-en San Cristobo (aplazado falecemento Simón-)
-Sábado, día 5 -en Leiro ( Lamas)

Lembramos que estamos en disposición de ir a calquer parroquia que o pida....

lunes, 24 de enero de 2011

NOVAS REUNIONS COMARCA

Nesta semán celebramos varias reunions polas parroquias e pobos que o solicitan.
O Venres, ás 8 da tarde estaremos en San Cristobo.
O Sábado, ás 8 tamén iremos a Arnoia. 
O Domingo, ás 5 da tarde estaremos en Castrelo de Miño-Cortiñas (Náutico).
Lembramos a nosa disponibilidade a desplazarnos ós pobos que queiran para explicar o proxecto de industrias de reciclaxe co video da visita ó poligono de Zaragoza, e outras informacions medioambiental.

jueves, 13 de enero de 2011

OUTRO MAL DÍA : A INCINERADORA DE FEIJOO

Hoxe o Consello da Xunta aprobou definitivamente o Plan de Tratamento de Residuos do goberno Feijoo.Ningún caso as alegacións e oposicions manifestadas por diversos concellos e institucións.
Como se sabe ese plan só se fixo para facer unha Planta de recollida e tratamento do lixo do Sur de Galicia (por agora, logo será todo) e a INCINERADORA.
E decir, todo aquela falseade que Feijoo e o PP lle atribuíu a outros, agora eles mesmos sí que a fan.
Sen participación. Sen un proxecto. Sen exposición pública do mesmo. Sen estudos ambientais.
Nin xiquera dín onde a poñerán.(din que o dirán despois das eleccions municipais).
Sen concurso público para a adxudicación desa concesión dun servicio público por 50 anos.
Regalalle o negocio a unha empresa amiga, a dedo.Sen proxecto que a defina.Como si a nosa comarca fora deles,de Feijoo e os vireis Baltar. Aparte de a contaminación, esto cheira a chanchullo,tinglado e negocio napolitano.
Paralizan un poligono tecnoloxico da reciclaxe,que crearía riqueza,para que un amigo faga negocio producindo electricidade queimando a basura e a nós. 
Estes que viñan aquí dando leccions de todo...agora vaia....serán os da merda e os da incineración e emisión de sustancias perigosas por terra,augas e aire....

martes, 4 de enero de 2011

INICIO DAS REUNIÓNS POLAS PARROQUIAS DA COMARCA

A Xunta Directiva da Plataforma ,cumprindo o plan de traballo acordado na asamblea , iniciará nos próximos días unha serie de charlas informativas polas parroquias da comarca do Ribeiro.

Neses actos explicaráse o proxecto de Parque Empresarial da Reciclaxe, que o actual goberno da Xunta tén parado.
Tamén se proxectará o video da visita que meses atrás corenta representantes de parroquias da comarca realizaron ó Parque de Reciclaxe de Zaragoza.
Explicaráse as accions previstas cara a facer realidade iste proxecto de parque empresarial que tanto necesita a comarca. En días pasados o Presidente da Xunta (na visita inauguración da ponte Castrelo a Ribadavia) comprometeuse a convocar a reunión solicitada reiteradamente para falar da saída o Convenio en vigor que aprobou o Consello da Xunta do goberno anterior.

Asimesmo expoñeremos as razóns do posicionamento en contra do proxecto de Incineradora dos Residuos de Galicia, que a Xunta adxudicou sen concurso a unha empresa de Castela-León á que lle deu concesións de parque eólico.
Esta Plataforma fará o máximo esforzo para loitar contra a Incineradora dos Residuos que con toda seguridade se instalará na zona do Ribeiro.

As primeiras reunións a celebrar serán:

-Xoves día 13, para veciños de Francelos.

-Venres,día 14 , para veciños de Carballeda de Avia.