domingo, 26 de julio de 2009

AGARDANDO POLO PRESIDENTE


Esta Asociación -Plataforma que agrupa varios colectivos e forman cincocentos socios da COMARCA- está sendo sumamente paciente.

O 26 de marzo pedimos por primeira vez reunirnos co Sr.Feijóo.

O 21 de abril pedimos que o Presidente da Xunta poidese oir a nosa opinión.

O 11 de maio enviámoslle un relato da situación do proxecto de parque de empresas ambientais coa petición de poder expresarlle as nosas consideracions sobre a importancia do proxecto para a comarca e as características do mesmo.Agora que él preside o goberno dos galegos pode garantizar que ese proxecto non perxudique a ninguén.En todo caso debería someterse á exposición pública o proxecto de sectorización para que todos poidesen expresarse e resolver calquer dúbida co rigor técnico que se require nas actuacions administrativas.
Así estamos.
AGARDANDO Ó PRESIDENTE.
Xa son moitos os anos,as décadas,que o Ribeiro agarda.
Por uns días,por uns meses que non quede.

miércoles, 15 de julio de 2009

CARTA ENVIADA ÓS COLECTIVOS


Estimados amigos:
Queremos dirixirnos á vosa Asociación para poñervos en coñecemento a situación de xestión do proxecto de Parque especializado en industrias ambientais.
Como saben, o Goberno de Galicia tén asinado un Convenio, en cumplimento de acordos do Consello da Xunta, para executar a urbanización do solo industrial e dotar das infraestructuras necesarias para poder xestionar a instalación de industrias especializadas no sector medioambiental (seleccionadas pola Consellería de Medio Ambiente como responsable).
Así teñense tramitado distintas fases de xestión do proxecto con exposición pública: Estudo de Viabilidade, Estudos de afección ambiental, declaración de supramunicipalidade… Agora está rematado xa o Proxecto de Sectoriación. Durante varios exercicios fixeronse as previsions presupostarias necesarias.
Os organismos competentes traballan nas obras de abastecemento, saneamento e Depuración, suministro de enerxía e outros .
Pola súa parte o Ministerio de Fomento xa contratou o proxecto de Obra co horizonte de que a primeiros de ano empecen os traballos de construcción de Acceso á Autovía A-52.
Pois ben, en días pasados por parte do delegado do Goberno insinuouse a posibilidade de que este Proxecto fora paralizado.
Esta Asociación lembra que arredor de 30 empresas estaban dispostas a facer Inversions considerables que traerían aportacións tecnolóxicas importantes e a creación de uns 800 postos de traballo directos e outros moitos indirectos.
Polo tanto este proxecto pode supor para a comarca do Ribeiro a súa supervivencia, agotada polo peche de numerosas industrias do ataúde e do moble, así como pola reconversión agraria do sector do viño.
Este proxecto supón unha oportunidade de que a provincia de Ourense conte co Cluster das industrias ambientais, sector de futuro, que crea emprego non deslocalizable, que atrae inversión tecnolóxica, que conta cos apoios das administracións e organismos europeos.
A propia Consellería de Industria tiña planificada a instalación neste Parque dun Centro de Investigación para a Industria Medioambiental. Agora a Universidade vai crear en Ourense unha Facultade de Ciencias Ambientais.
Unha vez que agora son outros os responsables do Goberno da Xunta, non son creíbles as críticas infundadas inventadas para o desgaste do goberno anterior. Agora serán eles os responsables de xestionar ese proxecto.
Neste momento de crise económica mundial, a provincia de Ourense e a comarca do Ribeiro non poden perder unha aposta inversora deste calado.
Por elo ofrecémonos ó colectivo que vostedes representan para, si o consideran oportuno, manter unha reunión informativa. E pedímoslle que se manifeste públicamente en apoio do Proxecto de Parque de Empresas Ambientais previsto xestionar pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta Galicia en convenio co Concello de Carballeda de Avia na comarca do Ribeiro.
O Presidente

Miguel Fidalgo Areda
E-Mail: siparqueambiental@yahoo.es

Fomento adxudica o proxecto de acceso ó parque medioambiental de Carballeda de Avia





Madrid, 14 de Xullo de 2009 (Ministerio de Fomento)

O Ministerio de Fomento adxudicou á empresa "Tipologias Estructurales en Madera, Hormigón y Acero" a redacción do proxecto de construcción do novo vial de conexión para acceso ó Parque Medioambiental de Carballeda de Avia con un presuposto de Adxudicación de 176.807,46 Euros.

Esta nota de prensa saíu publicada onte martes na páxina oficial do Ministerio de Fomento, e ven a confirmar que o acceso ó Parque Ambiental cumpre os prazos establecidos.





lunes, 13 de julio de 2009

A PLATAFORMA DIRIXIRASE ÁS GRANDES ORGANIZACIONS SOCIAIS

A Plataforma SÍ diríxese ás principais organizacións sociais da provincia: UGT,CCOO,CIG.CEO,C.Comercio...Na misiva explicaremos as principais carácterísticas do Proxecto de Parque de Empresas Ambientais e as actuales circunstancias na xestión deste proxecto para que o coñezan.Expoñemos cal é o Convenio que regula o proxecto.Cómo está a actuación para dotar de acceso á Autovía Rías Baixas.
A Asociación ofrécese a reunirse cos colectivos en reunions de intercambio de información da forma que queiran.

viernes, 10 de julio de 2009

ROLDA DE PRENSA PLATAFORMA SI O PARQUE AMBIENTAL 10 DE XULLO DE 2009



RODA PRENSA PLATAFORMA SÍ PARQUE EMPRESAS AMBIENTAIS
10 xullo 2009
Resume intervención Presidente asociación Miguel Fidalgo

NESTAS CIRCUNSTANCIAS DE CRISE, NON É O MOMENTO DE PARAR PROXECTOS EMPRESARIAIS

O Presidente da asociación Plataforma SI Parque Empresas Ambientais deu conta da reunión da Directiva para poñer en marcha o Plan de Acción aprobado pola multitudinaria asemblea celebrada a fin de xuño.

Miguel Fidalgo valorou a resposta do conselleiro de Medio Ambiente no Parlamento afirmando que non dixo nada negativo do proxecto, non dixo que era prexudicial nin que non era boa idea. Simplemente intentou desviar a atención á Consellería de Vivenda, buscando un papel entre os miles que forman o expediente, no que segundo él un funcionario pon pegas á viabilidade económica. Por elo despois de varios acordos do Consello da Xunta, de estudos de impacto ambiental, de exposición pública, de estudos sobre abastecemento e depuración, sobre subministro de enerxía e outros servicios, despois de figurar en varios presupostos, despois dun estudo serio de viabilidade que a asegurou, cando xa se rematou o Proxecto Sectorial…que a única dificultade que atopa o goberno, sexa que o proxecto custa cartos, é moi positivo.

Parece normal que este Proxecto esixa un ESFORZO ECONOMICO.

Agora que o Ministerio de Fomento ten en marcha o proxecto para facer un Enlace coa Autovía, claro que a Xunta ten que facer un esforzo económico para costear o proxecto. Igual que se fai con outros sectores ou territorios. Así se fai co sector do automóbil, da pizarra, da pataca ou do leite. Así se fai en tódolos polígonos industriais. A Xunta adianta fondos que logo recupera coa venda de parcelas. E aseguramos que aquí sairán máis baratas que en ningún polígono dos que hai entre Vigo e Ourense.

Un custe relacionado con que este parque empresarial segundo o proxecto é exemplar, ten un respecto ó entorno que non ten ningún dos que se teñen feito, e ademais está nunha ubicación moi atractiva e conta con empresas interesadas, polo que se demostra que será o máis rendible dos que faga a Xunta.

Por esas razóns reiteramos a petición dunha reunión co Presidente da Xunta que despois de 4 meses agardamos se celebre inmediatamente, para FALAR CLARO co máximo responsable do goberno.Galicia non pode estar condicionada por grupos locais como os do NON, que non lle aportaron ningún apoio que él non tivera xa. Nin tampouco pode moverse por razóns de vinganzas de personaxes que moveron a oposición a este proxecto.

A Plataforma ten comprobado o apoio de numerosos cadros (incluídos concelleiros) da forza que apoia o actual goberno, que desexan que este proxecto se faga e que pensan que agora que teñen o goberno non cabe plantexar dúbidas.
Por outra banda está claro que a comarca quere que se instalen as industrias, que se cree o emprego e que se faga o parque empresarial. A comarca esixe que se faga a INVERSION aquí.

A Plataforma pide o pronunciamento de sindicatos e empresarios (CEO e Cámara Comercio ).

Neste momento de CRISE, que se requiren tódolos esforzos e acción dos diferentes gobernos, no que se abre unha nova etapa na economía, a provincia non pode permitirse perder outra oportunidade. E o Ribeiro tampouco.

O medio ambiente é unha das novas actividades con futuro. Unha idea repetida en tódolos cumios económicos, en tódolos estudos.

O medio ambiente é un sector que atrae I+D+i, un sector que vai crear moito emprego, que atrae inversións.

O Ribeiro ten a oportunidade de contar co CLUSTER do medio ambiente. De contar coas empresas punteiras do sector na nosa provincia.

O apoio ó proxecto hoxe é masivo na comarca (como se viu na asemblea da asociación de fai uns días), unha vez aclaradas moitas mentiras no inicio do proxecto.
Non é momento para sectarismo. Non é o momento dos que sempre din NON, nin é momento para o pasado.

E o momento dos gobernos valentes e libres. Por eso queremos falar co Presidente. Para FALAR CLARO.

miércoles, 8 de julio de 2009

Reunión Directiva


Hoxe as 8 reúnese de novo a Xunta Directiva co obxeto de poñer en marcha as medidas e o plan de traballo acordados na Asamblea Xeral.
Sen dúbida repitiráse a petición de entrevista co Presidente da Xunta que xa foi solicitada tres veces por escrito.
Xa pasaron 4 meses dende o primeiro escrito.
A paciencia é unha das nosas virtudes.
E as boas formas.
Días pasados celebrouse a Feira do Viño sen que ninguén viñera a estropeala,a manchar un dos acontecementos máis importantes do ano,a posta no escaparate dun dos productos máis importantes que conforman a nosa economía.Tamén a Mostra de Teatro servirá para ensinar a nosa comarca como lugar atractivo e pacífico no que descansar e visitar.