viernes, 30 de octubre de 2009

MARTA GONZÁLEZ NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

A PLATAFORMA SÍ PARQUE EMPRESAS AMBIENTAIS CRITICA QUE O PRESIDENTE DA XUNTA NON TIVERA TEMPO EN 7 MESES PARA RECIBIR Á DIRECTIVA

A Vicepresidenta da Asociación ,Marta González, afirma que a Plataforma está sendo correcta e paciente agardando a entrevista co Presidente.
Afirma que “nós tamén TEMOS DEREITO a ser escoitados”.


A Vicepresidenta e Portavoz da Asociación “Plataforma Sí ó Parque Ambiental” da comarca do Ribeiro manifestou no día de hoxe o enfado deste colectivo porque despois de 7 meses que solicitaron a entrevista co Presidente da Xunta non puidera recibilos aínda.
Afirmou que unha vez ó mes veñen solicitando esta entrevista para poder explicarlle ó Presidente as aspiracións de que na comarca se creen industrias e traballo que compensen a perda de emprego pola reconversión do sector do viño e polo peche de industrias.
Marta González considera que un colectivo con 500 asociados, que demostrou que representa boa parte da comarca, merece ser escoitado polo Presidente da Xunta. “Por moi presidente que sexa ten a obriga de escoitar ós cidadáns”,afirmou.
A Plataforma quere que se cumpra o Convenio que a Xunta, en Consello de Goberno, acordou. O Convenio ten obrigas e compromisos polas partes que obrigan a cumprir ou en caso contrario compensar polos prexuízos á comarca do Ribeiro. Non permitiremos que lle rouben ó Ribeiro unha conquista de Inversións, que necesitamos.
A Vicepresidenta da Asociación afirmou que entenderíamos que co cambio de goberno se quixeran facer axustes ou cambios a gusto do novo goberno.Entendemos que o novo goberno lle queira dar o seu toque persoal ó Proxecto. Pero esta comarca necesita os empregos, necesita que se instalen industrias, e iso é algo irrenunciable. Necesitamos esa inversión que pode sobrepasar os 200 millóns de euros nos anos que dure a implantación deste proxecto.
O Presidente da Xunta pode ter unha idea errónea preconcibida porque solo falou cunha parte da cuestión, e nós tamén TEMOS DEREITO a darlle a coñecer a nosa opinión.
Marta González manifestou que “a nosa asociación está disposta a consensuar unha solución que pasara por manter a Inversión na Comarca do Ribeiro, a instalación de industrias e a creación dos Postos de Traballo. Sobre o resto das cousas estamos dispostos a falar e a dialogar”.

Por último a Portavoz da asociación afirmou que lle pide ó Presidente da Xunta que NON CONFUNDA a corrección nas formas e a paciencia deste colectivo coa renuncia ás aspiracións de traballo desta terra.




jueves, 15 de octubre de 2009

ÚLTIMA CARTA ENVIADA Ó PRESIDENTE DA XUNTA

Sr. Alberto Núñez Feijoo
Presidente da Xunta de Galicia
Edificio San Caetano S/N
15704 – Santiago de Compostela

Ribadavia, 9 de Xullo de 2009

Estimado Presidente,

Con data 26 de Marzo deste ano, e unha vez coñecido o resultado das eleccións autonómicas do 1 de Marzo, esta asociación solicitoulle unha reunión para coñecer a súa opinión sobre o proxecto de creación do parque ambiental de Carballeda de Avia.

Posteriormente con data 21 de Abril, sendo vostede xa oficialmente presidente da Xunta de Galicia, enviamos outra carta volvendo a insistirlle no noso interese por ter unha reunión con vostede para tratar o tema do citado proxecto.

O pasado día 11 de Maio, unha vez máis enviamos outra petición para unha reunión con vostede.

Pasaron xa case que catro meses e xa enviamos 3 cartas que non tiveron ningunha delas contestación pola súa parte.

Ademais o pasado día 23 de xuño o grupo socialista fixo unha pregunta sobre o proxecto no parlamento, e a contestación que recibiu foi que este estaba xa paralizado anteriormente por un problema económico, remitíndose a un único informe dos moitos que existirán sobre o proxecto.

Cremos que a Comarca do Ribeiro, e a provincia de Ourense en xeral, xa fai tempo que vén necesitando que se inverta diñeiro en proxectos que creen emprego, e consideramos que un motivo económico non pode paralizar un proxecto tan importante e necesario para a nosa comarca e para a provincia.

Por todo esto, solicitámoslle unha vez máis que, en breve, fixe unha data para unha reunión da xunta directiva desta asociación con vostede.

Sen máis, me despido esperando a súa resposta coa maior brevidade posible, logo de 3 cartas non contestadas, e á espera de que se digne a recibirnos como representantes de un elevado número de veciños do Ribeiro.

Un saúdo



Presidente
Miguel Fidalgo Areda

sábado, 3 de octubre de 2009

AGARDANDO Ó PRESIDENTE



AGARDANDO....
QUE O PRESIDENTE TEÑA TEMPO PARA ATENDER ÓS REPRESENTANTES DUNHA COMARCA QUE SÓ PIDE TRABALLO E EMPRESAS....
CONTINUAMOS AGARDANDO.