martes, 23 de marzo de 2010

VISITA PARQUE RECICLAJE ZARAGOZA 2

A primeira empresa que visitamos foi a de Reciclado de Neumáticos.
Este é Servicio Público que o goberno autonómico sacou a concurso para xestionar.
Ocupa máis de 30.000 m2.Non acumula stocks. A planta ten un protocolo de actuación público situado á entrada.
O diseño da industria é propio do grupo,moi simple,cunha tecnoloxía que requeríu unha importante inversión.
Traballan en turnos as 24 horas.
As rodas pasan por sucesivos procesos de corte.Sucesivamente pasan por procesos de moído.Sepáranse os arames.ö final segundo o uso sae grano de 0,6 mm ou de 2 ou 3 mm.Finalmente empaquetase para comercialización.As instalacions chaman a atención pola limpeza e aspecto,así como condicions de traballo e manipulación.
Os productos destínanse básicamente para pavimentación de  estradas e  para usos de instalacions deportivas.Hai laboratorio e control de calidade.
Por certo,practicamente tódalas actividades de reciclado contan con instalacions suficientes para ir progresivamente crecendo.En algún caso ata triplicar a capacidade actual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario