lunes, 31 de mayo de 2010

NO PARQUE INDUSTRIAL DA RECICLAXE (1)

Por fin o Grupo de veciños do Ribeiro puidemos realizar a visita.
O trato da empresa promotora (D.María e D.Xosé Manuel) foi espectacular. Agradecementos eternos pola súa entrega, esforzo e corazón por explicar absolutamente todo, responder calquer dúbida. E aínda encima obsequiarnos do xeito que o fixeron. Chapeau.
A visita empezámola cun percorrido xeral polo Polígono.
Fomos ver a Nave adicada á reciclaxe dos Frigoríficos.Vimos o proceso dende que chegan, se separa o gas do aceite, se separan os motores, os poliuretanos. Se moe o resto e se separa continuamente ata obter productos puros: ferro, aluminio, plástico, poliuretano. Para entrar de novo noutras industrias onde se farán novos productos. Esta é a filosofía de todo reciclaxe. Separar ata obter productos puros que servirán para elaborar novos productos que volverán ó usuario. No medio queda traballo, riqueza, desarrollo e reutilización de productos que doutro xeito estarían tirados polos montes.

3 comentarios:

  1. DEBERIAN IR OS QUE TANTO CRITICAN INDUSTRIA DE RECICLADO
    ¿OU SON MELLORES AS OUTRAS INDUSTRIAS QUE HAI NA PROVINCIA E NO RIBEIRO?
    ¿OU E MELLOR QUE NON HAXA INDUSTRIAS? ASI SERIAMOS TODOS JIPIS OU FUNCIONARIOS COMA OS DO NON

    ResponderEliminar
  2. ANIMOS E SEGUIR
    A PROXIMA VEZ A VER SE PODEMOS IR MAIS VER ESO

    ResponderEliminar
  3. deberia ir mais xente
    vese xente de todos concellos ou case todos
    pero facia falta viran ben e expliqen no pobo cada un

    ResponderEliminar