sábado, 30 de octubre de 2010

ASAMBLEA 28 O ( III ) :Plan Accións Plataforma Si Parque Empresas Ambientais

2º.No segundo punto acordamos o plan de accións para os próximos meses, nos tempos que vaia acordando a xunta directiva e representantes parroquiais.
A plataforma reiniciará as suas accions de publicidade, sempre buscando formas de escaso coste, xa que os recursos son escasos e somos independentes.
Outra liña de traballo será continuar cos Estudos que o Equipo Técnico Asesor nos suministra e que servirá cómo presentación as empresas interesadas.
Os contactos periódicos con empresas adicadas ó reciclaxe serán outra importante actividade.
Organizaremos Xornadas Técnicas . Buscarase colaboración con Entidades e Institucións, entre elas coa Universidade coa que xa existen lazos dende o principio. A Universidade de Vigo será interlocutor preferente, pola calidade científica .
Proseguirase o contacto coas Administraccións colaboradoras. Buscarase alternativa para a Urbanización do Solo Industrial do Parque Empresarial se a Xunta se nega a cumprir o Convenio que tén asinado.
Creemos que chegado o caso, haberá que demandar danos pola vía xurídica se se incumple o Convenio por parte da Xunta de Galicia.
Pero plantexaremos de novo a NEGOCIACIÓN coa Xunta de Galicia para proseguir ou resolver ese Convenio que obriga ás duas partes. Si a Xunta explícitamente se nega, faremos o Parque Empresarial con outras Administraccions ou fórmulas de xestión.
Pero para tratar este asunto hai que reunirse. Por eso é importante celebrar unha REUNIÓN que sea clara co máximo responsable da Xunta.
Nós temos pedido esa reunión dende hai 17 meses.
Despois de tantas semáns e tantos días creemos que TEMOS DEREITO a dez minutos para ser escoitados.
DESPOIS DE MAIS DE  500  DIAS. 
TEMOS DEREITO.
Por eso nesta Asamblea demos un xiro. Os douscentos cincuenta asistentes acordamos facerllo saber ó Presidente da Xunta, Sr. Feijoo.
As movilizacions entran na nosa Axenda.

viernes, 29 de octubre de 2010

ASAMBLEA 28 O ( II ) :acción contra Incineradora

uAs duascentas cincoenta persoas que asistiron acordaron participar nas actividades que se organicen contra a INCINERADORA.
A incineración é o maior inimigo da reciclaxe . Queimar é o contrario de reciclar .
Incinerar servirá para que a empresa que escolla a Xunta durante 50 anos queime todo canto se lle poña por diante, para producir electricidade, para obter MILES DE MILLONS de euros.
A incineración estaba prohibida na planificación do goberno anterior da Xunta. Pero o goberno actual o primeiro que fixo foi modificar o Plan de residuos de Galicia só para crear esta Incineradora no sur de Galicia, entre Ourense e Vigo, ben comunicado....ou sexa AQUÏ.
Por elo esta plataforma non vai ser neutral. Non vai mirar para outro lado.
Non vai facer como outros, que nunca moveron unha palla por nada desta comarca, pero que sí o fixeron contra un dos máis bonitos proxectos pensados para esta terra, o do parque empresarial especializado en medio ambiente.

ASAMBLEA 28 O ( I ) :VIDEO Parque Reciclaxe

A Casa da Cultura de Ribadavia ENCHEUSE unha vez máis cos asociados da Plataforma.
A Asamblea Xeral tratou dous asuntos da Orde do Día.
1º. Presentación do Vídeo relato da Visita ó Parque Tecnoloxico da Reciclaxe de Zaragoza.
Despois da presentación a cargo do presidente vimos o documental. Logo varias testemuñas relataron a sua experiencia na visita : Avelino, Solís, Marta,Alexandre...finalmente Luis Milia.
O documento realizado por xente da comarca será visto nas principais localidades da Comarca do Ribeiro.
Tamén poderá obter unha copia calquera que queira .
No Vídeo seguese a visita do grupo de veciños. Trátase dun parque que nace no 2004 (ó mesmo tempo que o de Carballeda), e agora xa hai varias empresas funcionando.
Vese a de reciclaxe de equipos de frío (liña branca). Como se desmontan os compoñentes ata obter elementos puros como aluminio, ferro... que servirán para fabricar outros productos.
Logo vese o tratamento de cars, os restos de coches para obter ferro e reutilizar de novo para fabricar novos elementos.
Logo pasan a un nave que obtivo o premio Life de Europa, onde se reciclan os elementos de motor de coches. Finalmente obtense o aluminio dos carter que servirá para facer esta peza de novo. Obtense cobre. Ferro. 
Logo relátase á visita a empresa de reciclado de Neumáticos. Vese como saen particulas que servirán para construir instalacions deportivas, agora en auxe para céspede artificial. Para pavimento en estradas por disminuir ruidos ou mellorar adherencia.
Finalmente contase a visita á empresa que recicla electrodomésticos: ordenadores, fotocopiadoras, impresoras, televisores (neste momento con moito choio polo cambio de analóxico a dixital)... tamén pequenos aparatos.  De alí saen tamén productos puros como cobre etc... que servirán para fabricar novos productos que entrarán no mercado. Outras como bronce, incluso ouro.
Todas estas empresas contan coa mellor tecnoloxía, postos de traballo de calidade. Son auditadas periódicamente. Non hai almacenamento de producto mais que o que se trata no día. Non hai verquidos. A auga utilizada reciclase e volve a usarse.
Crea gran actividade indirecta, complementaria: empresas de mantemento, empresas e autónomos de transporte, multitude de servicios, restaurantes etc.

jueves, 21 de octubre de 2010

CONVOCATORIA PARA ASAMBLEA XERAL

A Plataforma Sí ó Parque Ambiental convoca a todos os veciños do Ribeiro a unha reunión na Casa da Cultura de Ribadavia o vindeiro XOVES DÍA 28 ÁS 8 DA TARDE. Nesta reunión poderase ver o vídeo da visita ó polígono de empresas de reciclaxe de Zaragoza por parte dalgúns veciños do Ribeiro, e tamén se explicarán as medidas a levar a cabo por parte desta asociación.
VEN A VER AS EMPRESAS QUE QUEREMOS PARA O RIBEIRO.

lunes, 18 de octubre de 2010

ASAMBLEA para o día 28 Octubro

Na reunión do pasado Venres acordamos convocar ós Socios a unha Asamblea para o día 28 de Octubro na Casa da Cultura de Ribadavia.
Ensinaremos o VIDEO sobre a industria de reciclaxe e o Parque Tecnolóxico da Reciclaxe de Zaragoza que visitamos representantes parroquiais desta asociación.
Este documental levarémolo ás Parroquias da Comarca que nolo demanden.
Analizamos a burla do Presidente da Xunta que nos dixo por escrito ,o 27 de xullo,que daba instruccions ó conselleiro de Medio Ambiente "a maior brevidade" para celebrar a reunión que lle solicitamos a él.
Asimesmo acordamos facer campaña contra a Instalación da Incineradora ,unha vez que o goberno da Xunta aprobou un Plan de Resíduos que a planifica no noso entorno,agora sí.
Hoxe explicamos en Rolda de Prensa as decisions da reunión.

viernes, 8 de octubre de 2010

REUNION XUNTA DIRECTIVA E REPRESENTANTES PARROQUIAS

Convócase á Xunta Directiva e Representantes Parroquiais para o próximo VENRES día 15, as 7 da tarde en Ribadavia (Casa da Cultura no caso de que o centro Comarcal non sea concedido uso).

domingo, 3 de octubre de 2010

O ACCESO DO POLIGONO INDUSTRIAS AMBIENTAIS Á AUTOVIA RIAS BAIXAS NOS PRESUPOSTOS DO ESTADO

O Estado, a través do Ministerio de Fomento, mantén unha partida nos Presupostos do Estado para 2011 para o Enlace da Autovía A 52 co Parque de Empresas Ambientais de Galicia no Ribeiro (concello de Carballeda de Avia).
Eso manifesta a vontade do Ministerio de Fomento de proseguir cos traballos do Enlace da A 52 en Carballeda de Avia.
Coñecíamos que este proxecto se tramita no Ministerio, a través da Demarcación de Carreteras do estado en Galicia.
Pero esta decisión danos folgos para continuar loitando pola xestión deste Polígono Industrial no que poidan instalarse industrias, que creen emprego de calidade e en cantidade na comarca do Ribeiro.