lunes, 1 de diciembre de 2008

A Xunta garantiza o enlace directo entre a A-52 e Carballeda de Avia

O enlace entre a A-52 e o parque medioambiental está garantizado polo Ministerio de Fomento. É a explicación dada pola Consellería de Política Territorial para rebatir as críticas da diputada do PP, Amparo González, que esta mesma semana realizóu unha pregunta parlamentaria sobre este proxecto e cuestionóu a inversión prevista no 2009 para a redacción da súa proposta de construcción.
O director xeral de Obras Públicas, Manuel Morato, durante a súa intervención parlamentaria dixo que "O Ministerio de fomento dictou en frebreiro de 2008 orde de estudo para que a Demarcación de Estradas de Galicia, redactara un proxecto de construcción dun novo vial de conexión para o acceso ao parque medioambiental de Carballeda de Avia".
Morato anuncióu tamén que próximamente se publicará no BOE "a licitación da asistencia técnica par a redacción do citado proxecto, dacordo coas indicacións do estudo de viabilidade" e aseguróu tamén que este proxecto ten unha dotación de 450 mil euros, cantidade que o director xeral de Obras Públicas considera máis que suficiente para a redacción do proxecto de construcción.

No parque medioambiental de Carballeda de Avia non haberá un gramo de basura

"A Carballeda de Avia non virá nunca nin un gramo de basura, que quede moi clariño". Esto é o que afirmaba rotundamente Luis Milia, alcalde deste concello ribeirán, no que a Xunta prevé instalar un parque medioambiental de reciclaxe de residuos industriais.
Esta afirmación ven a raíz das declaracións do foro Temos dereito a saber que decía que en Carballeda se ía a instalar unha empresa que recliclaría residuos sólidos urbanos, é decir Basura dos domicilios.
Unha vez máis os representantes das distintas institucións involucradas no proxecto deixan ben claro que non haberá residuos urbanos, é decir, lixo neste parque. Ademáis a empresa pretende instalarse nun terreo lindeiro ó parque, pero no cal non está permitido polo plan xeral do municipio ningún tipo de construcción industrial, sendo un terreo declarado como rústico. Terreo que foi vendido á empresa por un familiar de un dos membros do Foro, o cal actuóu de intermediario na venta, por unha cifra en torno ós 40 millóns das antigas pesetas.
Esto inhabilita ó membro do foro ética e moralmente para opinar, xa que cando vendeu os terreo sabía que tipo de empresa llos estaba mercando.

Un parque empresarial modélico

No parque medioambienal de Galicia que se ubicará en Carballeda de Avia non haberá un gramo de lixo, como se pretende facer crer por parte do foro social "Temos dereito a saber". Esto xa foi manifestado no parlamento polo propio conselleiro de medio ambiente, na prensa, en varias xornadas medioambientales polos directores xerais, etc.
O parque medioambiental de Carballeda de Avia non vai a reciclar residuos sólidos urbanos, senón que vai a ser un parque de reciclaxe de residuos industriais, un parque modélico en canto ó respeto ó medio ambiente.