viernes, 2 de julio de 2010

RESPOSTA DO PRESIDENTE DA XUNTA A PETICIÓN DE REUNIÓN

Por fin o Presidente da Xunta responde a un escrito despois de máis de 15 meses.
Agradécenos o noso interese polo proxecto de " poligono medioambiental de Carballeda de Avia así como a posibilidade de crear un cluster de reciclaxe".
Dinos que "tén constancia que o Delegado Territorial de PONTEVEDRA está a seguir con atención as actuacions que a nosa Plataforma está a desenvolver.Dende esa Delegación darase seguimento á evolución deses proxectos co fin de MANTER UN ENCONTRO NO FUTURO".
......................
Non entendemos nada desa resposta.
Nós sólo lle pedimos unha ENTREVISTA. Petición reiterada en múltiples ocasións nestes meses.
Respondennos a cousas que non lle plantexamos.
Só queremos que o Presidente reciba a uns representantes do noso colectivo.

Temos manifestado que estamos dispostos a modificar o Proxecto como queira o goberno da Xunta.
Que se chame como queiran, que se instalen as industrias das actividades que queiran.
Incluso estamos dispostos a que se proceda ó traspaso da xestión do proxecto ó Concello onde se ubica e a que se chegue a un acordo para modificar o Convenio aprobado no Consello da Xunta.
A todo menos a renunciar que se poña en marcha na Comarca un novo Poligono con Industrias que cree postos de traballo ,industrias de futuro e desenrolo.

Deso queremos falar. E dende logo non vale como interlocutor que fixo de activista sectario e promotor da mentira máis grande nunca contada.
Por eso esta resposta (a 1ª despois de quince meses) é desilusionante, inadecuada. Non é a resposta correcta que corresponde a nosa actitude ata hoxe.
Seguramente teremos que cambiar.
Parece que os tempos das boas formas están rematando.
O Presidente non está a altura do trato que lle temos dado.