miércoles, 13 de mayo de 2009

CARTA Ó PRESIDENTE DA XUNTA

A Plataforma de apoio ó Parque empresarial de empresas ambientais vai a seguir loitando pola creación dese parque. Non estamos dispostos a desperdiciar unha oportunidade de emprego tan importante para o Ribeiro, e faremos todo o posible para que o novo goberno siga apostando polo Ribeiro.
Por iso lle solicitamos xa por terceira vez ó novo goberno unha reunión co presidente para poder falar sobre este proxecto e esperamos que nos responda. Enviamos unha primeira carta o 26 de marzo, cando xa se sabía que iba a ser o futuro presidente, outra en abril, cando xa era presidente e a terceira onte mesmo día 12 de maio, pero aínda non recibimos constestación algunha