sábado, 26 de diciembre de 2009

CARTA Ó VALEDOR DO POBO


A plataforma envióu ó Valedor do Pobo unha carta formulando Queixa por non ser recibidos para ser escoitados polo presidente de todos os galegos

Na carta que asina o noso presidente,entre outras cousas decimos:

O goberno da Xunta asinou un convenio co Concello de Carballeda de Avia para a creación dun Parque de empresas ambientais na comarca do Ribeiro, tan necesitada de postos de traballo.
Coa celebración das eleccións autonómicas produciuse un cambio de goberno, o que fixo que este proxecto tan importante para o Ribeiro se paralizara, de feito, algún representante da Xunta ten manifestado que se vai a conxelar a execución do Parque Empresarial.
Esta medida vai contra as obrigas da Xunta asinadas no convenio, e prexudica gravemente á comarca do Ribeiro, xa que estamos a falar de máis de 800 postos de traballo directos e moitos outros indirectos.
Con distintas datas esta asociación solicitoulle ó presidente da Xunta unha reunión para coñecer a súa opinión sobre o proxecto de creación do parque ambiental de Carballeda de Avia.

A última ocasión foi con data 9 de Xullo deste ano.
Consideramos que como cidadáns galegos temos dereito a ser escoitados.
Despois de nove meses (sí 9 meses) a actitude do Presidente atenta contra os dereitos constitucionais como cidadáns galegos.
Por elo formulamos ante o VALEDOR DO POBO a correspondente QUEIXA, ó obxecto de que medie ante o Excmo. Presidente da Xunta e se CORRIXA tal actitude