martes, 23 de marzo de 2010

VISITA PARQUE RECICLAJE ZARAGOZA -introducción

O pasado luns fixemos un Informe á Directiva e representantes parroquiais da Visita a Zaragoza para ver o Parque Tecnóloxico da Reciclaxe.
A primeira observación é que hai que ver cada caso coas peculiaridades propias de cada un e cada territorio.
O PTR naceu pouco antes que o proxecto de Carballeda.En 2004 puxeron a primeira pedra,despois de varios anos de trámites.Conta cunha superficie de 835 ha (359 ha de superficie industrial), é decir 10 veces o noso tamaño. Nace como iniciativa dun grupo empresarial (Grupo López Soriano) inda que coa colaboración do concello e goberno autonómico.Neste momento cerca do 50% das parcelas están vendidas.Un 20% teñen nave industrial.
Está situado practicamente na cidade, a 6 km do centro,próximo a Autovía A 68,conta con tódolos servicios incluido gas e fibra óptica.
Nese parque admítese só actividades relacionada en todo ou parte coa reciclaxe.Os tratamentos son absolutamente limpios.Nas industrias visitadas a escasa auga consumida volvíase a reciclar e reutilizar.Tratanse os productos ata utilizar a última fracción ,utilizandose todo producto.
En Aragón a Incineración está prohibida por Lei.
Empresas potentes como Arcelor ou Fagor están presentes...
En próximos posts iremos relatando a visita a nave de Reciclado de Neumáticos,a de Frigoríficos(liña branca),a de Cars,a de Electrodomésticos liña marrón...

No hay comentarios:

Publicar un comentario