lunes, 27 de septiembre de 2010

O PRESIDENTE DA XUNTA SEGUE A XOGAR Ó ENGANO

Fai 2 meses que o Presidente da Xunta nos dixera por escrito que, A MAIOR BREVIDADE POSIBLE ,o Conselleiro de Medio Ambiente se poría en contacto connnosco para negociar os temas relacionados co proxecto do Parque de Industrias Ambientais.
A actitude do Sr. Presidente da Xunta  parece que transcurre por camiños de burla cos centos de veciños que formamos este colectivo, pero sobre todo cos centos de parados e familias da comarca do Ribeiro que agardan un proxecto de dinamización económica na nosa comarca, que permita que se instalen aquí moitas industrias e poidan atopar traballo centos de familias e outros moitos autónomos e pequenas empresas teñan unha actividade económica necesaria.
A comarca do Ribeiro non vai consentir que nos quiten os 20  millons de euros comprometidos para crear unha Area Industrial deste tipo. Non vai consentir que neste momento se perdan oportunidades de desenrolo económica nesta comarca que tantas plagas leva sofrido. O mesmo que reclamamos apoio para o sector do viño do Ribeiro machacado sistematicamente por moitos intereses.O mesmo que reclamamos medidas concretas de mellora da oferta turística.O mesmo que esiximos a mellora de tódolos servicios públicos. Tamén esiximos industrias de sectores con futuro que recuperen emprego perdido doutros sectores.
Os que quedamos aquí loitaremos por un futuro para esta terra.
Feijoo asesórase mal se pensa que deixando transcurrir o tempo ou descansando na nosa moderación, vai arreglar as cousas.
No Ribeiro temos paciencia. Pero él tén malos asesores.