domingo, 3 de octubre de 2010

O ACCESO DO POLIGONO INDUSTRIAS AMBIENTAIS Á AUTOVIA RIAS BAIXAS NOS PRESUPOSTOS DO ESTADO

O Estado, a través do Ministerio de Fomento, mantén unha partida nos Presupostos do Estado para 2011 para o Enlace da Autovía A 52 co Parque de Empresas Ambientais de Galicia no Ribeiro (concello de Carballeda de Avia).
Eso manifesta a vontade do Ministerio de Fomento de proseguir cos traballos do Enlace da A 52 en Carballeda de Avia.
Coñecíamos que este proxecto se tramita no Ministerio, a través da Demarcación de Carreteras do estado en Galicia.
Pero esta decisión danos folgos para continuar loitando pola xestión deste Polígono Industrial no que poidan instalarse industrias, que creen emprego de calidade e en cantidade na comarca do Ribeiro.

1 comentario:

  1. FACER O POLIGONO E A MELLOR PROTESTA CONTRA A XUNTA DO PP

    ResponderEliminar