2º.No segundo punto acordamos o plan de accións para os próximos meses, nos tempos que vaia acordando a xunta directiva e representantes parroquiais.
A plataforma reiniciará as suas accions de publicidade, sempre buscando formas de escaso coste, xa que os recursos son escasos e somos independentes.
Outra liña de traballo será continuar cos Estudos que o Equipo Técnico Asesor nos suministra e que servirá cómo presentación as empresas interesadas.
Os contactos periódicos con empresas adicadas ó reciclaxe serán outra importante actividade.
Organizaremos Xornadas Técnicas . Buscarase colaboración con Entidades e Institucións, entre elas coa Universidade coa que xa existen lazos dende o principio. A Universidade de Vigo será interlocutor preferente, pola calidade científica .
Proseguirase o contacto coas Administraccións colaboradoras. Buscarase alternativa para a Urbanización do Solo Industrial do Parque Empresarial se a Xunta se nega a cumprir o Convenio que tén asinado.
Creemos que chegado o caso, haberá que demandar danos pola vía xurídica se se incumple o Convenio por parte da Xunta de Galicia.
Pero plantexaremos de novo a NEGOCIACIÓN coa Xunta de Galicia para proseguir ou resolver ese Convenio que obriga ás duas partes. Si a Xunta explícitamente se nega, faremos o Parque Empresarial con outras Administraccions ou fórmulas de xestión.
Pero para tratar este asunto hai que reunirse. Por eso é importante celebrar unha REUNIÓN que sea clara co máximo responsable da Xunta.
Nós temos pedido esa reunión dende hai 17 meses.
Despois de tantas semáns e tantos días creemos que TEMOS DEREITO a dez minutos para ser escoitados.
DESPOIS DE MAIS DE 500 DIAS.
TEMOS DEREITO.
Por eso nesta Asamblea demos un xiro. Os douscentos cincuenta asistentes acordamos facerllo saber ó Presidente da Xunta, Sr. Feijoo.
A PLATAFORMA MANTEN UN NIVEL DE APOYO GRANDE
ResponderEliminarNORABOA
E SEGUIR