viernes, 29 de octubre de 2010

ASAMBLEA 28 O ( II ) :acción contra Incineradora

uAs duascentas cincoenta persoas que asistiron acordaron participar nas actividades que se organicen contra a INCINERADORA.
A incineración é o maior inimigo da reciclaxe . Queimar é o contrario de reciclar .
Incinerar servirá para que a empresa que escolla a Xunta durante 50 anos queime todo canto se lle poña por diante, para producir electricidade, para obter MILES DE MILLONS de euros.
A incineración estaba prohibida na planificación do goberno anterior da Xunta. Pero o goberno actual o primeiro que fixo foi modificar o Plan de residuos de Galicia só para crear esta Incineradora no sur de Galicia, entre Ourense e Vigo, ben comunicado....ou sexa AQUÏ.
Por elo esta plataforma non vai ser neutral. Non vai mirar para outro lado.
Non vai facer como outros, que nunca moveron unha palla por nada desta comarca, pero que sí o fixeron contra un dos máis bonitos proxectos pensados para esta terra, o do parque empresarial especializado en medio ambiente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario