lunes, 18 de octubre de 2010

ASAMBLEA para o día 28 Octubro

Na reunión do pasado Venres acordamos convocar ós Socios a unha Asamblea para o día 28 de Octubro na Casa da Cultura de Ribadavia.
Ensinaremos o VIDEO sobre a industria de reciclaxe e o Parque Tecnolóxico da Reciclaxe de Zaragoza que visitamos representantes parroquiais desta asociación.
Este documental levarémolo ás Parroquias da Comarca que nolo demanden.
Analizamos a burla do Presidente da Xunta que nos dixo por escrito ,o 27 de xullo,que daba instruccions ó conselleiro de Medio Ambiente "a maior brevidade" para celebrar a reunión que lle solicitamos a él.
Asimesmo acordamos facer campaña contra a Instalación da Incineradora ,unha vez que o goberno da Xunta aprobou un Plan de Resíduos que a planifica no noso entorno,agora sí.
Hoxe explicamos en Rolda de Prensa as decisions da reunión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario