viernes, 29 de octubre de 2010

ASAMBLEA 28 O ( I ) :VIDEO Parque Reciclaxe

A Casa da Cultura de Ribadavia ENCHEUSE unha vez máis cos asociados da Plataforma.
A Asamblea Xeral tratou dous asuntos da Orde do Día.
1º. Presentación do Vídeo relato da Visita ó Parque Tecnoloxico da Reciclaxe de Zaragoza.
Despois da presentación a cargo do presidente vimos o documental. Logo varias testemuñas relataron a sua experiencia na visita : Avelino, Solís, Marta,Alexandre...finalmente Luis Milia.
O documento realizado por xente da comarca será visto nas principais localidades da Comarca do Ribeiro.
Tamén poderá obter unha copia calquera que queira .
No Vídeo seguese a visita do grupo de veciños. Trátase dun parque que nace no 2004 (ó mesmo tempo que o de Carballeda), e agora xa hai varias empresas funcionando.
Vese a de reciclaxe de equipos de frío (liña branca). Como se desmontan os compoñentes ata obter elementos puros como aluminio, ferro... que servirán para fabricar outros productos.
Logo vese o tratamento de cars, os restos de coches para obter ferro e reutilizar de novo para fabricar novos elementos.
Logo pasan a un nave que obtivo o premio Life de Europa, onde se reciclan os elementos de motor de coches. Finalmente obtense o aluminio dos carter que servirá para facer esta peza de novo. Obtense cobre. Ferro. 
Logo relátase á visita a empresa de reciclado de Neumáticos. Vese como saen particulas que servirán para construir instalacions deportivas, agora en auxe para céspede artificial. Para pavimento en estradas por disminuir ruidos ou mellorar adherencia.
Finalmente contase a visita á empresa que recicla electrodomésticos: ordenadores, fotocopiadoras, impresoras, televisores (neste momento con moito choio polo cambio de analóxico a dixital)... tamén pequenos aparatos.  De alí saen tamén productos puros como cobre etc... que servirán para fabricar novos productos que entrarán no mercado. Outras como bronce, incluso ouro.
Todas estas empresas contan coa mellor tecnoloxía, postos de traballo de calidade. Son auditadas periódicamente. Non hai almacenamento de producto mais que o que se trata no día. Non hai verquidos. A auga utilizada reciclase e volve a usarse.
Crea gran actividade indirecta, complementaria: empresas de mantemento, empresas e autónomos de transporte, multitude de servicios, restaurantes etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario