miércoles, 15 de julio de 2009

CARTA ENVIADA ÓS COLECTIVOS


Estimados amigos:
Queremos dirixirnos á vosa Asociación para poñervos en coñecemento a situación de xestión do proxecto de Parque especializado en industrias ambientais.
Como saben, o Goberno de Galicia tén asinado un Convenio, en cumplimento de acordos do Consello da Xunta, para executar a urbanización do solo industrial e dotar das infraestructuras necesarias para poder xestionar a instalación de industrias especializadas no sector medioambiental (seleccionadas pola Consellería de Medio Ambiente como responsable).
Así teñense tramitado distintas fases de xestión do proxecto con exposición pública: Estudo de Viabilidade, Estudos de afección ambiental, declaración de supramunicipalidade… Agora está rematado xa o Proxecto de Sectoriación. Durante varios exercicios fixeronse as previsions presupostarias necesarias.
Os organismos competentes traballan nas obras de abastecemento, saneamento e Depuración, suministro de enerxía e outros .
Pola súa parte o Ministerio de Fomento xa contratou o proxecto de Obra co horizonte de que a primeiros de ano empecen os traballos de construcción de Acceso á Autovía A-52.
Pois ben, en días pasados por parte do delegado do Goberno insinuouse a posibilidade de que este Proxecto fora paralizado.
Esta Asociación lembra que arredor de 30 empresas estaban dispostas a facer Inversions considerables que traerían aportacións tecnolóxicas importantes e a creación de uns 800 postos de traballo directos e outros moitos indirectos.
Polo tanto este proxecto pode supor para a comarca do Ribeiro a súa supervivencia, agotada polo peche de numerosas industrias do ataúde e do moble, así como pola reconversión agraria do sector do viño.
Este proxecto supón unha oportunidade de que a provincia de Ourense conte co Cluster das industrias ambientais, sector de futuro, que crea emprego non deslocalizable, que atrae inversión tecnolóxica, que conta cos apoios das administracións e organismos europeos.
A propia Consellería de Industria tiña planificada a instalación neste Parque dun Centro de Investigación para a Industria Medioambiental. Agora a Universidade vai crear en Ourense unha Facultade de Ciencias Ambientais.
Unha vez que agora son outros os responsables do Goberno da Xunta, non son creíbles as críticas infundadas inventadas para o desgaste do goberno anterior. Agora serán eles os responsables de xestionar ese proxecto.
Neste momento de crise económica mundial, a provincia de Ourense e a comarca do Ribeiro non poden perder unha aposta inversora deste calado.
Por elo ofrecémonos ó colectivo que vostedes representan para, si o consideran oportuno, manter unha reunión informativa. E pedímoslle que se manifeste públicamente en apoio do Proxecto de Parque de Empresas Ambientais previsto xestionar pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta Galicia en convenio co Concello de Carballeda de Avia na comarca do Ribeiro.
O Presidente

Miguel Fidalgo Areda
E-Mail: siparqueambiental@yahoo.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario