viernes, 10 de julio de 2009

ROLDA DE PRENSA PLATAFORMA SI O PARQUE AMBIENTAL 10 DE XULLO DE 2009



RODA PRENSA PLATAFORMA SÍ PARQUE EMPRESAS AMBIENTAIS
10 xullo 2009
Resume intervención Presidente asociación Miguel Fidalgo

NESTAS CIRCUNSTANCIAS DE CRISE, NON É O MOMENTO DE PARAR PROXECTOS EMPRESARIAIS

O Presidente da asociación Plataforma SI Parque Empresas Ambientais deu conta da reunión da Directiva para poñer en marcha o Plan de Acción aprobado pola multitudinaria asemblea celebrada a fin de xuño.

Miguel Fidalgo valorou a resposta do conselleiro de Medio Ambiente no Parlamento afirmando que non dixo nada negativo do proxecto, non dixo que era prexudicial nin que non era boa idea. Simplemente intentou desviar a atención á Consellería de Vivenda, buscando un papel entre os miles que forman o expediente, no que segundo él un funcionario pon pegas á viabilidade económica. Por elo despois de varios acordos do Consello da Xunta, de estudos de impacto ambiental, de exposición pública, de estudos sobre abastecemento e depuración, sobre subministro de enerxía e outros servicios, despois de figurar en varios presupostos, despois dun estudo serio de viabilidade que a asegurou, cando xa se rematou o Proxecto Sectorial…que a única dificultade que atopa o goberno, sexa que o proxecto custa cartos, é moi positivo.

Parece normal que este Proxecto esixa un ESFORZO ECONOMICO.

Agora que o Ministerio de Fomento ten en marcha o proxecto para facer un Enlace coa Autovía, claro que a Xunta ten que facer un esforzo económico para costear o proxecto. Igual que se fai con outros sectores ou territorios. Así se fai co sector do automóbil, da pizarra, da pataca ou do leite. Así se fai en tódolos polígonos industriais. A Xunta adianta fondos que logo recupera coa venda de parcelas. E aseguramos que aquí sairán máis baratas que en ningún polígono dos que hai entre Vigo e Ourense.

Un custe relacionado con que este parque empresarial segundo o proxecto é exemplar, ten un respecto ó entorno que non ten ningún dos que se teñen feito, e ademais está nunha ubicación moi atractiva e conta con empresas interesadas, polo que se demostra que será o máis rendible dos que faga a Xunta.

Por esas razóns reiteramos a petición dunha reunión co Presidente da Xunta que despois de 4 meses agardamos se celebre inmediatamente, para FALAR CLARO co máximo responsable do goberno.Galicia non pode estar condicionada por grupos locais como os do NON, que non lle aportaron ningún apoio que él non tivera xa. Nin tampouco pode moverse por razóns de vinganzas de personaxes que moveron a oposición a este proxecto.

A Plataforma ten comprobado o apoio de numerosos cadros (incluídos concelleiros) da forza que apoia o actual goberno, que desexan que este proxecto se faga e que pensan que agora que teñen o goberno non cabe plantexar dúbidas.
Por outra banda está claro que a comarca quere que se instalen as industrias, que se cree o emprego e que se faga o parque empresarial. A comarca esixe que se faga a INVERSION aquí.

A Plataforma pide o pronunciamento de sindicatos e empresarios (CEO e Cámara Comercio ).

Neste momento de CRISE, que se requiren tódolos esforzos e acción dos diferentes gobernos, no que se abre unha nova etapa na economía, a provincia non pode permitirse perder outra oportunidade. E o Ribeiro tampouco.

O medio ambiente é unha das novas actividades con futuro. Unha idea repetida en tódolos cumios económicos, en tódolos estudos.

O medio ambiente é un sector que atrae I+D+i, un sector que vai crear moito emprego, que atrae inversións.

O Ribeiro ten a oportunidade de contar co CLUSTER do medio ambiente. De contar coas empresas punteiras do sector na nosa provincia.

O apoio ó proxecto hoxe é masivo na comarca (como se viu na asemblea da asociación de fai uns días), unha vez aclaradas moitas mentiras no inicio do proxecto.
Non é momento para sectarismo. Non é o momento dos que sempre din NON, nin é momento para o pasado.

E o momento dos gobernos valentes e libres. Por eso queremos falar co Presidente. Para FALAR CLARO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario