A Xunta Directiva da Plataforma ,cumprindo o plan de traballo acordado na asamblea , iniciará nos próximos días unha serie de charlas informativas polas parroquias da comarca do Ribeiro.
Neses actos explicaráse o proxecto de Parque Empresarial da Reciclaxe, que o actual goberno da Xunta tén parado.
Tamén se proxectará o video da visita que meses atrás corenta representantes de parroquias da comarca realizaron ó Parque de Reciclaxe de Zaragoza.
Explicaráse as accions previstas cara a facer realidade iste proxecto de parque empresarial que tanto necesita a comarca. En días pasados o Presidente da Xunta (na visita inauguración da ponte Castrelo a Ribadavia) comprometeuse a convocar a reunión solicitada reiteradamente para falar da saída o Convenio en vigor que aprobou o Consello da Xunta do goberno anterior.
Asimesmo expoñeremos as razóns do posicionamento en contra do proxecto de Incineradora dos Residuos de Galicia, que a Xunta adxudicou sen concurso a unha empresa de Castela-León á que lle deu concesións de parque eólico.
Esta Plataforma fará o máximo esforzo para loitar contra a Incineradora dos Residuos que con toda seguridade se instalará na zona do Ribeiro.
As primeiras reunións a celebrar serán:
-Xoves día 13, para veciños de Francelos.
-Venres,día 14 , para veciños de Carballeda de Avia.
El calendario lunar para huerto y el jardín
Hace 3 días
No hay comentarios:
Publicar un comentario