viernes, 30 de octubre de 2009

MARTA GONZÁLEZ NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

A PLATAFORMA SÍ PARQUE EMPRESAS AMBIENTAIS CRITICA QUE O PRESIDENTE DA XUNTA NON TIVERA TEMPO EN 7 MESES PARA RECIBIR Á DIRECTIVA

A Vicepresidenta da Asociación ,Marta González, afirma que a Plataforma está sendo correcta e paciente agardando a entrevista co Presidente.
Afirma que “nós tamén TEMOS DEREITO a ser escoitados”.


A Vicepresidenta e Portavoz da Asociación “Plataforma Sí ó Parque Ambiental” da comarca do Ribeiro manifestou no día de hoxe o enfado deste colectivo porque despois de 7 meses que solicitaron a entrevista co Presidente da Xunta non puidera recibilos aínda.
Afirmou que unha vez ó mes veñen solicitando esta entrevista para poder explicarlle ó Presidente as aspiracións de que na comarca se creen industrias e traballo que compensen a perda de emprego pola reconversión do sector do viño e polo peche de industrias.
Marta González considera que un colectivo con 500 asociados, que demostrou que representa boa parte da comarca, merece ser escoitado polo Presidente da Xunta. “Por moi presidente que sexa ten a obriga de escoitar ós cidadáns”,afirmou.
A Plataforma quere que se cumpra o Convenio que a Xunta, en Consello de Goberno, acordou. O Convenio ten obrigas e compromisos polas partes que obrigan a cumprir ou en caso contrario compensar polos prexuízos á comarca do Ribeiro. Non permitiremos que lle rouben ó Ribeiro unha conquista de Inversións, que necesitamos.
A Vicepresidenta da Asociación afirmou que entenderíamos que co cambio de goberno se quixeran facer axustes ou cambios a gusto do novo goberno.Entendemos que o novo goberno lle queira dar o seu toque persoal ó Proxecto. Pero esta comarca necesita os empregos, necesita que se instalen industrias, e iso é algo irrenunciable. Necesitamos esa inversión que pode sobrepasar os 200 millóns de euros nos anos que dure a implantación deste proxecto.
O Presidente da Xunta pode ter unha idea errónea preconcibida porque solo falou cunha parte da cuestión, e nós tamén TEMOS DEREITO a darlle a coñecer a nosa opinión.
Marta González manifestou que “a nosa asociación está disposta a consensuar unha solución que pasara por manter a Inversión na Comarca do Ribeiro, a instalación de industrias e a creación dos Postos de Traballo. Sobre o resto das cousas estamos dispostos a falar e a dialogar”.

Por último a Portavoz da asociación afirmou que lle pide ó Presidente da Xunta que NON CONFUNDA a corrección nas formas e a paciencia deste colectivo coa renuncia ás aspiracións de traballo desta terra.

3 comentarios:

  1. Muy acertada la portavoz
    La gente de la comarca esta con la idea de que se hagan industrias
    Que no continuen marchandose los jovenes y los pueblos ya sin nadie
    Muchos tendran miedo en manifestarlo
    No es lo mismo ir en el autobus porque lo dicen los caciques que libremente apoyar esto
    Pero teneis que saber que la gente esta con esto,y los que votan PP mas que nadie

    ResponderEliminar
  2. Os do NON poideron ver todo papel,publkicouse a exposicion publica.Recebiunos o Conselleiro.Aguantaron boicot a actos e insultos continuos.

    Polo menos si vale para aprender que cando se queira facer algo NI PUTO CASO os do NON,que son sempre do PP

    ResponderEliminar
  3. a eses do NON nunca pagaran suficientemente o dano que fixeron o ribeiro
    E mais dano que a nadie a RIBADAVIA
    Que non o olviden

    ResponderEliminar