miércoles, 24 de junio de 2009

NO PARLAMENTO


Unha pequena representación quixo ver a resposta breve do Conselleiro de Medio Ambiente e Obras sobre o Proxecto de Parque Ambiental.
O Conselleiro non descalificou o proxecto como tiñan feito os do NON.
Pareceu que quería buscar unha disculpa...No longo expediente que forman dende o Convenio, o estudo de Viabilidade tan detallado,ata os estudos de abastecemento,depuración,suministro eléctrico...Un expediente con exposición pública,Estudo de Impacto Ambiental,Proxecto de Sectorización...Despois de tres anos de expediente,dotación presupostarias,e alguns euros gastados, do Proxecto de enlace coa Autovía Rias Baixas...Despois de tanto, só falou de que atopou UN papel dun técnico do IGVS que poñía en dúbida a viabilidade ¡polo COSTE ECONÓMICO!
Resulta que NON hai basura,nin centos de camions circulando mentras lle can as bolsas de basura,nin mosquitos que tran toda clase de enfermidades,nin choiva ácida que arruíne os viñedos,nin canceres,nin enfermidades que nazcan nenos deformes....e tantas MENTIRAS REPETIDAS e televisadas.
NON...o problema é que custa cartos.
Pois claro que sabíamos todos que custaría cartos.Para eso se fan os Presupostos,se fan as previsions,se firman convenios,se acorda no Consello da Xunta.
Pois non nolo iban facer gratis.
Costa cartos o abastecemento,a depuración, a urbanización do solo...Coma en tódolos polígonos industriais que fan tódolos gobernos,con Xestur ou con quén sea.
............
CONTINUARÁ.

1 comentario:

  1. O Presidente terá que decir algo simple:
    ¿Vai facer o Parque de Empresas especializado en Industrias Ambientais,de reciclaxe -sen lixo nin nada perxudicial? ¿Vaino facer onde ten acordado o Consello de Goberno da XUNTA, no Ribeiro?
    O resto de decir que eso costa mais ou menos, si hai que facer este ou aquel tramite,de onde ven a auga ou electricidad, eso non é o que os veciños queremos oir.
    E ben facil de responder
    Debe responder o PRESIDENTE
    E debe recibir a Directiva XA

    ResponderEliminar