O enlace entre a A-52 e o parque medioambiental está garantizado polo Ministerio de Fomento. É a explicación dada pola Consellería de Política Territorial para rebatir as críticas da diputada do PP, Amparo González, que esta mesma semana realizóu unha pregunta parlamentaria sobre este proxecto e cuestionóu a inversión prevista no 2009 para a redacción da súa proposta de construcción.
O director xeral de Obras Públicas, Manuel Morato, durante a súa intervención parlamentaria dixo que "O Ministerio de fomento dictou en frebreiro de 2008 orde de estudo para que a Demarcación de Estradas de Galicia, redactara un proxecto de construcción dun novo vial de conexión para o acceso ao parque medioambiental de Carballeda de Avia".
Morato anuncióu tamén que próximamente se publicará no BOE "a licitación da asistencia técnica par a redacción do citado proxecto, dacordo coas indicacións do estudo de viabilidade" e aseguróu tamén que este proxecto ten unha dotación de 450 mil euros, cantidade que o director xeral de Obras Públicas considera máis que suficiente para a redacción do proxecto de construcción.