A Directiva da plataforma ,tal como acordou,ven executando una Estratexia que denominamos "positiva" en defensa dun proxecto de creación dun Parque Empresarial especializado en industrias de desenrolo ambiental.
A Plataforma tén como único obxetivo que se constrúa na comarca un Parque con Industrias, que cree empregos moi necesarios no Ribeiro, para que ninguén volva a irse daquí porque non atope traballo.
Para elo ,antes e agora ,se dedica a explicar o proxecto,para evitar a contaminación que alguns sectores usados partidistamente fixeron inxustamente dun proxecto que non coñecían e do que se dixeron mil e unha falsidades.
A Plataforma, antes e agora, fai esforzos para buscar aliados deste proxecto, construíndo comarca.
O noso colectivo traballa en positivo ante as autoridades,antes e agora, falando,explicando razóns,expoñendo argumentos.
Por eso estamos dispostos a ser flexibles. estamos dispostos a ser pacientes.
Pero que non se confunda o ánimo constructivo, con renuncia a un Proxecto aprobado no Consello da Xunta e a un Convenio que comprometía fondos públicos dunha gran cuantía para o Ribeiro.
Se o pensaran así equivocaríanse...GRAVEMENTE.