Continuando coa información do post anterior.
Tanto o presidente da Plataforma SI Parque Ambiental, como o alcalde de Carballeda de Avia, tivemos ocasión de falar brevemente co Presidente da Xunta.É verdade que ante a atenta mirada do máximo representante do NON,hoxe delegado provincial da Xunta.
Simplemente lle dixemos que era necesario falar.
Que tiñamos que buscar unha saída falada á situación actual :
-hai un Convenio acordado en consello de ministros da Xunta,que crea obrigas ó goberno e á outras administracións.
-hai dotacións presupostarias pendentes de gastar (máis de 9 millons de euros).
-hai un longo expediente administrativo con diversas propostas,exposición pública,contratación de proxecto da actuación,etc.
O novo goberno vese preso dunhas declaracions de alguns dos seus compañeiros de siglas sobre un proxecto do que descoñocían o contido. Si se obra de boa fé, agora dende dentro do goberno deberían ler o alcance da actuación,en qué consiste.Incluso se entende que si hai algo que non lle gosta que o cambien.É a súa potestade.
Pero nin se entendería que unha inversión na comarca de máis dos 20 millons de euros se perdera.
Non se pode entender que a comarca renuncie a instalación de industrias,a un relanzamento de empresas na comarca que crearían centos de postos de traballo.
Ninguén pide eso. Ninguén se comprometeu a eso.
Outros moitos alcaldes e cadros do propio partido no goberno participan desta opinión.
A Plataforma SI ,cree que pode ofrecer unha proposta que satisfaga o cumplimento dos compromisos do Presidente, coas aspiracións do Ribeiro.
Só é cuestión de falar.
Eso foi o que lle transmitimos ó Presidente da Xunta.
Reiteramoslle que levabamos 10 meses agardando por unha reunión,inda que sea breve,con él.
Levamos DEZ meses dándolle oportunidade á palabra.Por nós non será.
A Plataforma do Sí, sabemos que o Parque de Empresas coas modificacións que as circunstancias vaian introducindo, SE VAI FACER.
Cada mes que pasa é un tempo perdido, unha oportunidade que van aproveitar noutros lugares e outros proxectos.
Se fará coa cooperación de tódalas Administraccións Públicas (Concello,Xunta,Estado), ou sen algunha delas.
Se fará agora (contaríamos con determinadas empresas interesadas) ou máis tarde (alguns proxectos buscarán outro lugar).
Pero se fará. Porque é unha boa idea facilitar o desenrolo tecnolóxico e industrial do medio ambiente. É por onde vai Europa.Por onde vai o máis avanzado de España .Por onde debería ir Galicia.
A reciclaxe é unha oportunidade de actividade económica,con capacidade de innovación,con posibilidades de inversións,con futuro para moitas décadas,que non pode deslocalizarse.Debe promoverse o desenrolo tecnolóxico deste sector en Galicia ,contamos con técnicos ,con xente na universidade,con empresas interesadas.
Podemos facer algo exemplar na nosa terra.E eso pode salvar a nosa comarca.
¿POR QUÉ NON FALAR DESTO?